Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 12 de Novembro de 2021 ]
Guías de Xestión Cooperativa
EspazoCoop publica as 'Guías de Xestión Cooperativa', cinco guías que pretenden ser un material útil para os distintos ámbitos da empresa cooperativa: Contable, Fiscal, Laboral, Organizativa e Social. Un material de apoio para asumir con criterio e de xeito rigoroso as distintas áreas da xestión cooperativa, especialmente aquelas que pola súa complexidade técnica e grao de especialización presentan maiores dificultades, resulta de especial interese. Ler máis
Declaración institucional de apoio á Economía Social de Galicia
O Consello Económico e Social de Galicia (CES Galicia) reclama o apoio activo das diferentes administracións pola economía social e unha aposta clara das institucións públicas por este sector económico, que é un actor fundamental na sociedade actual.
O Pleno do CES aprobou, por unanimidade, un pronunciamento en defensa da economía social, un grupo de actividade que prima ás persoas e a gobernanza democrática e participativa, a conxunción dos intereses das persoas usuarias e do interese xeral e a defensa e aplicación dos principios de solidariedade e responsabilidade. Ler máis
Hackeando o patriarcado, 3ª edición
Intelixencia artificial feminista </fronte aos algoritmos machistas>
Dende a cooperativa O Cable Inglés chéganos esta interesante proposta, están na organización deste Seminario, o 18 de Novembro na UVigo, en modalidade presencial e en streaming.
Esta edición está adicada á Intelixencia Artificial fronte ao machismos e contarán con referentes internacionais neste eido. O workshop pretende cuestionar o papel que están a desempeñar as tecnoloxías na lexitimación das fendas e nesgos de xénero, así como atender a información relevante proporcionada polo ecofeminismo ou tecnofeminismo. Ler máis.
"ODS: da estratexia ao impacto"
[ Formación xerencial ]
Curso Aprazado! Novas datas | do 7 ao 21 de Febreiro de 2022. Fai a túa Reserva | A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha formación sobre os ‘ODS'. ¿Queres identificar, estructurar, amplificar e comunicar o impacto social, económico e ambiental da túa entidade? Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) constitúen unha guía que permite ás empresas e ás cooperativas identificar o seu impacto e adquirir un compromiso de cara un desenvolvemento sostible, xusto e compartido. Da man de persoas expertas (Alén s. coop. galega), casos prácticos e contido actualizado, no curso aprenderemos a integrar os ODS na estratexia de negocio. Ler máis
[ Novembro ] Formación Online sobre empresas cooperativas
EspazoCoop imparte dous cursos online en Novembro, no marco de programas de colaboración con concellos de Galicia:
- "Desenvolvendo a idea cooperativa". 20 horas. Inicio 15 de Novembro (en colaboración co Concello de Santiago de Compostela). Ler máis
- "Crea e constitúe a túa cooperativa paso a paso". 40 horas. Inicio 22 de Novembro (en colaboración co Concello da Coruña). Ler máis
O Lavadoiro de Orzán
[ Espazo virtual para abordar a violencia machista ]
A cooperativa Arabías lanza a actividade 'O Lavadoiro de Orzán'. Un espazo virtual vivo para identificar, reflexionar, prever e abordar a violencia machista. Un espazo onde atopar contidos, recursos e formación relacionada coa violencia machista e as masculinidades non hexemónicas.
Este mes de Novembro lanzan dúas formacións especializadas para avanzar cara a prevención e a abordaxe da violencia machista:
- O Bo Querer | do 22 de Novembro ao 17 de Decembro.
- Homes con Xeito | do 22 de Novembro ao 17 de Decembro. Ler máis
Aberta as inscricións á 2ª edición de #OlympeEmprende
Unha iniciativa das cooperativas Abeluria, Tandem Social e Wazo Coop. O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituísen unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino. Ler máis
VII Premios Expansión. Transformación cara unha Economía Sostible
Candidaturas ata o 18 de Novembro. Dende CEPES chega esta convocatoria e animan as empresas da economía social a participar nestes Premios que teñen como obxetivo recoñecer a innovación das organizacións e empresas no seu proceso de integrarse nunha sociedade máis sostible. Tres categorías: Gran empresa - Institucións e Organizacións - e Emprendemento Sostible (menor de dous anos). Ler máis
Asóciate!
Se es unha cooperativa galega e queres valorar facerte socia da Unión de Cooperativas EspazoCoop, ponte en contacto con nós, entaremos encantadas-os de responder as túas dúbidas e explicarte as vantaxes de pertencer á maior rede de cooperativas de Galicia. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149
|
|