Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 23 de febreiro de 2024 ]
 



Xuntanza de traballo entre a Deputación da Coruña e EspazoCoop que impulsan o cooperativismo na provincia

A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambente, Emprego e Política Demográfica da Deputación a Coruña, Rosa Ana García e a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, Ana Olveira, mantiveron o martes 20 de febreiro, unha xuntanza de traballo para analizar e facer balance das actividades desenvolvidas nos últimos 4 anos de maneira conxunta polas ambas dúas entidades, que veñen impulsando a economía social e o cooperativismo na provincia. Ler máis

 


Programa +COOP: apoio na creación de cooperativas

O Programa +COOP da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado dentro da programación 2023-2024 da Rede Eusumo, asesora e acompaña a grupos de persoas que promoven empresas cooperativas, de xeito gratuíto en todo o ámbito de Galicia.

A Unión conta cun fondo de 400 horas ata 30 de setembro de 2024 para prestar o servizo, sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas é un dos puntos aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo. Ler máis





Consegue o Selo de recoñecemento "Colegios ODS Cooperativos".

A Unión Española de Cooperativas de Ensino -UECoE-, da que EspazoCoop fai parte a través da súa Sectorial de Ensino, abriu a convocatoria 2024 do Selo de UECoE “Colegios ODS Cooperativos”, e anima ás cooperativas de ensino da Unión a conseguir este selo de recoñecemento para visibilizar e impulsar o papel que desenvolven na sociedade.

UECoE aliñándose coas estratexias e plans de actuación desenvolvidos para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030, puxo en marcha esta iniciativa, coa que non só se potencia e axiliza a materialización de accións ao redor dos 17 obxectivos na práctica educativa das escolas cooperativas, senón que ademais visibiliza e pon en valor, a través deste Selo de recoñecemento, as actuacións realizadas. Inscrición ata o 15 de marzo!. Ler máis

 


Programa formativo "A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop continúa desenvolvendo o Programa formativo: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro e marzo de 2024 e que ofrece tres cursos de teleformación, GRATUÍTOS, na Aula Virtual de EspazoCoop. O primeiro dos cursos xa iniciou, pero aínda hai prazas dispoñibles para os próximos:

Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
25 h. Teleformación | Do 1 ao 17 de marzo 2024

Desenvolvendo a idea cooperativa
25 h. Teleformación | Do 18 de marzo ao 5 de abril 2024.


Actividades no marco dos programas da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e o programa Efeso (Cepes - FSE +). Ler máis

 


Encontro: "Sectorial das Cooperativas de Ensino", Programa Consolida+
 

O sábado 24 de febreiro a partir das 10 h. EspazoCoop celebra un encontro da `Sectorial de Ensino´nas instalacións do colexio cooperativo Guillelme Brown, en Pereiro de Aguiar (Ourense).

Para este encontro coas cooperativas de ensino está previsto tratar diversos temas do seu interese e compartir cal e a situación actual do ensino concertado en Galicia e as perspectivas no medio prazo para os centros cooperativos e de economía social. O encontro finalizará cunha visita ao Colexio Guillelme Brown.
Esta actividade fai parte do Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas e a inscrición aínda está aberta. Ler máis


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO