Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 14 de Octubre de 2022 ]
 


 

EspazoCoop participa nun Encontro sobre oportunidades da economía social para as Cidades

A próxima semana, os días 19 e 20 de outubro, representantes da Unión de Cooperativas EspazoCoop participan nas actividades do Encontro "As oportunidades da economía social para as Cidades, no logo dos retos das Axendas Urbanas e das Axendas 2030", organizado por Red de Entidades para o Desenvolvemento Local (Redel) en Santiago de Compostela. Ler máis




Feira do Mercado Social impulsada polo Concello de Cangas

O Concello de Cangas en colaboración con Reas Galicia, organiza a FEIRA DO MERCADO SOCIAL "Constrúe connosco outra economía" que se realiza este sábado 15 de outubro na Alameda Nova de Cangas, dende ás 11 ata ás 20 h. Unha oportunidade para coñecer de primeira man que é esto do Mercado Social, se queres saber máis sobre economía social e solidaria, apoiar un consumo responsable e coñecer proxectos e entidades formados por xente incrible que ten ganas de facer cousas doutro xeito, non o perdas.

A través dos stands e as actividades da Feira poderás coñecer dende iniciativas que fan parte da Unión de Cooperativas EspazoCoop, a proxectos dos que facemos parte, e ata entidades coas que colaboramos, como as cooperativas Coop57 Galiza; Outra forma de vivenda; A Morada; Alvariza; SeteOitavas; Cuarto de Inverno; Ribeiregas; Milhulloa; Catro Ventos; Alalá, e as entidades Reas Galicia, Fiare e Ais O Peto. Na Feira tamén poderás atopar información sobre nós e moitos outros colectivos, proxectos e organizacións. Pásate por Cangas!. (Imaxe vía fb Reas Galicia). Ler máis



 

Axudas á dixitalización. Programa Kit Dixital

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital publicou a 3ª convocatoria para solicitar axudas á dixitalización, a mesma está destinada a empresas de 0 a menos de 3 persoas traballadoras e abrirá o seu prazo para presentar solicitudes o vindeiro 20 de outubro de 2022.

Lembramos que a 2ª convocatoria para solicitar axudas á dixitalización destinadas a empresas de 3 a menos de 10 persoas traballadoras abriu o prazo o pasado 2 de setembro de 2022 e estará aberto ata o 2 de setembro de 2023. Ler máis




Xerar e madurar Proxectos de Intercooperación

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza un Encontro en liña, o xoves 19 de outubro. Entre as actividades que conforman o Programa Itinerario de Intercooperación de EspazoCoop, dinamizamos encontros de xeración de proxectos de colaboración entre cooperativas e outras empresas e entidades da Economía Social e Solidaria, en particular para os sectores como a cultura, ensino, asesorías, consumo, ou TIC, entre outros.
A próxima sesión para xerar e madurar intercooperacións será o 19 de outubro, en formato virtual de 9.30 a 11.30 h. Hai motivos para intercooperar, exerce a intercooperación!. Asistencia libre previa inscrición. Ler máis





Árbore incorpórase á Red de Supermercados Cooperativos

A nosa socia, Árbore Consumo Consciente, ven de sumarse á Red de Supermercados Cooperativos. Unha unión de proxectos de consumo responsable de todo o estado conformada por 11 proxectos e 11.000 persoas consumidoras.
Árbore é unha cooperativa de consumo de alimentación ecolóxica que integra a máis de duascentas setenta socias (unidades familiares) na cidade de Vigo. Ler máis

 


 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO