As cooperativas constrúen un mundo mellor para todas as persoas
O movemento cooperativo convértese en protagonista mundial cada ano a principios de xullo, para celebrar o Día das Cooperativas, este ano é o 102 día internacional das cooperativas!. A celebración quere destacar o impacto positivo do modelo cooperativo no mundo, as súas achegas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a capacidade de innovar, a súa resiliencia, democratización e empoderamento entre outras. O tema elixido este ano “As cooperativas constrúen un mundo mellor para todas as persoas” define a vocación e as condicións do modelo cooperativo.
Este sábado 6 de xullo as cooperativas terán a oportunidade de recordar como contribuíron ao longo da historia a construír un futuro sostible, e como hoxe seguen a facelo, mostrándoo ao todo mundo. Feliz Día das Cooperativas! Ler máis
EspazoCoop participa no lanzamento de ES Factory, cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o cooperativismo
A directora da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Lucía Mendoza, participou na xornada de lanzamento de ES Factory o 3 de xullo no Museo do Mar de Vigo. Alí tivo a oportunidade de presentar unha das actividades que promoverá a Unión no proxecto que lidera a Xunta de Galicia, en colaboración coas socias de ES Factory de Galicia e Portugal. EspazoCoop presentou o Programa de Promoción das Cooperativas de Emprendemento, figura que se pretende impulsar en ES Factory, mediante o desenvolvemento dun piloto, para favorecer a xeración de novos empregos cooperativos ata 2026. Ler máis
A Morada Nosa, S. Coop. Galega, Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega e o Colexio Mendiño S. Coop. Galega foron recoñecidas nos Premios á Cooperación 2024 que se entregarán o sábado 6 de xullo na celebración polo Día do Cooperativismo.
Os Premios á Cooperación 2024, recoñeceron a dúas cooperativas socias de EspazoCoop, A Morada Nosa, S. Coop. Galega e Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega, cos galardóns de Premio ao mellor proxecto cooperativo novo e Premio aos valores cooperativos, respectivamente, ademais dun centro escolar asociado á Unión, o Colexio cooperativo Mendiño, cun Accesit na modalidade: Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial. Ler máis