Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 12 de xullo de 2024 ]
 



12 novas cooperativas creadas en Galicia grazas ao Programa +COOP de EspazoCoop

Os resultados deste programa foron presentados nunha xornada celebrada en Silleda o 8 de xullo que contou coa presenza de Marta Mariño, Directora xeral de traballo autónomo e economía social da Xunta de Galicia.

O programa +COOP nace como apoio na creación de cooperativas e que ten o obxectivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder con elo ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo. A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo este programa no período 2023-2024, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o Fondo Social Europeo Plus, o seu resultado foi a constitución de 12 cooperativas, cunha creación asociada de 26 postos de traballo. Ler máis


 




A Morada, Árbore e Mendiño, recoñecidas do Día do Cooperativismo Galego 2024

O pasado 6 de xullo celebrouse o Día do Cooperativismo Galego no que tres socias de EspazoCoop foron recoñecidas: A Morada Nosa, S. Coop. Galega, Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega e o Colexio Mendiño S. Coop. Galega. O evento tivo lugar na escola cooperativa Colexio Ángel de la Guarda, en Nigrán, e contou coa participación de representantes políticos vencellados ao cooperativismo, ademais dunha gran representación do cooperativismo da comunidade.

Esta data conmemora os valores do cooperativismo e recoñece a súa contribución a unha economía galega sustentable e igualitaria. Xunto a esta conmemoración, nesta data tamén entregáronse os Premios á Cooperación 2024, que nesta edición recoñeceron a tres socias de EspazoCoop. Ler máis




As escolas cooperativas da Unión xa poden inscribirse ao XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino UECoE, 23-25 outubro en València

Do 23 ao 25 de outubro de 2024 Valéncia acollerá o XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino baixo o lema “Educación e Arte: a arte de innovar, a arte de incluír”, organizado pola Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE) coa Unión de Cooperatives d’Ensenyament Valencianes (UCEV) como entidade coorganizadora.

Arte, innovación, inclusión son as palabras chave dun Congreso que se fará realidade colectivamente e onde se quere descubrir e explorar as potencialidades da relación entre a EDUCACIÓN e a ARTE.

Convidámosvos a facer este descubrimento desde a mirada e coa acción cooperativa. Porque é o Congreso do Cooperativismo Educativo e ofrece unha oportunidade inmellorable de reflexionar e construír xuntas e xuntos. Ler máis



 




O programa de teleformación "Coopera Rural" realiza o último curso para favorecer o emprendemento cooperativo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop impulsa o programa de teleformación “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que vai a celebrar o seu último curso "Desenvolvendo a idea cooperativa" do 17 de xullo ao 2 de agosto, e ten unha duración de 25 h. Trátase dun curso gratuíto e a inscrición para participar continúa aberta. Ler máis


 



A próxima semana curso!
«Organización e xestión societaria en cooperativas»

A Unión de Cooperativas Espazocoop, dentro do seu programa de Formación Especializada de Cooperativas, celebra o curso gratuíto Organización e xestión societaria en cooperativas, unha sesión de 5 horas presenciais que se imparte en Santiago de Compostela o próximo mércores 17 de xullo, nas instalacións do centro municipal Cersia Empresa.

A sesión estará dinamizada por profesionais do sector, nesta ocasión por Rosa Álvarez, técnica e docente da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A inscrición a esta actividade permanece aberta.
Ler máis
 

 


Formación Comercial: Coopera, Comunica e Vende
Reserva a túa praza, iniciará o 11 de setembro

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o curso de teleformación gratuíta Formación comercial: coopera, comunica e vende, de 25 horas de duración, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, do 11 ao 27 de setembro de 2024.

Que se acadará con esta formación? capacitación e mellora nas habilidades de xestión comercial das cooperativas, facilitarase a análise e coñecemento sobre a situación dos procesos e sistemas de comercialización das participantes na formación, coñecerán recursos e ferramentas que permitan melloras no sistema comercial, e se crearán redes de intercambio, coñecemento mutuo, e colaboración, no eido comercial. Ler máis


 


As empresas de menos de 3 persoas traballadoras poderán solicitar a súa bonificación dixital de 3.000 euros

O día 14 de xuño abriuse o formulario para que as microempresas e autónomos do segmento III do programa Kit Dixital, de entre 0 e menos de 3 persoas empregadas, poidan solicitar a bonificación de 3.000 euros e as beneficiarias do importe anterior, os 1.000 euros adicionais. O prazo estará aberto ata o 31 de outubro de 2025 ás 11 h. Ler máis



Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO