A secretaría de Estado de Economía Social, Amparo Merino, visita a nova sede de EspazoCoop en Santiago
O mércores 23 de abril, EspazoCoop recibiu na súa nova sede de Santiago de Compostela a visita da secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino, nun encontro de especial relevancia para o cooperativismo galego.
Coincidindo co Día do Libro, a xornada comezou cunha visita á cooperativa socia Númax, unha das iniciativas máis recoñecidas da economía social galega. Xa nas instalacións de EspazoCoop, representantes de EspazoCoop mantiveron un encontro coa secretaria de Estado no que se abordaron temas estratéxicos para o impulso do cooperativismo desde Galicia.
Saber máis
Seis cooperativas socias participan na Aceleradora "EspazoCoop-Impulsa" de ES-Factory
A Unión de Cooperativas EspazoCoop iniciou este mes de abril as actividades da súa aceleradora de proxectos cooperativos, despois de finalizar un proceso de selección de participantes que deu como resultado a elección de seis cooperativas socias como beneficiarias (dos dezaoito proxectos inscritos).
As seleccionadas son: Miudiño S. Coop. Galega, 13 Grados S. Coop. Galega, Arela Saúde S. Coop. Galega, A Milpa do Salnés S. Coop. Galega, Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega, e Enraizando S. Coop. Galega. As cooperativas da aceleradora "EspazoCoop-Impulsa" participarán nun itinerario orientado a impulsar e consolidar as súas iniciativas empresariais, a través de formación, mentorías e apoio na procura de financiamento.
Saber máis

EspazoCoop e a Deputación da Coruña impulsan un ecosistema de emprendemento en cooperativa na súa Rede Coworking
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial de A Coruña, no marco do seu convenio de colaboración do ano 2024, dinamizaron a Rede de Espazos de Traballo da Deputación para xerar un ecosistema favorable á economía social e ao emprendemento en réxime de cooperativa.
A Deputación da Coruña conta con 11 Coworkings nos que se promove e acompaña ás persoas promotoras de proxectos de emprendemento, ao tempo que ofrece recursos para a consolidación dos mesmos, neste contexto, EspazoCoop realizou contactos e entrevistas co persoal técnico para dinamizar un traballo colaborativo e de coñecemento das potencialidades do cooperativismo.
Aberta a convocatoria dos Premios PEL 2025
Nesta nova edición os Premios PEL -a sétima edición- outorgarán 20.000 euros á candidatura gañadora de cada unha das tres categorías seguintes: 1ª categoría: Premio “Iniciativa emprendedora”, 2ª categoría: Premio “Traxectoria empresarial”, e 3ª categoría a proposta do xurado: Premio “Proxección e innovación sostible”. O prazo estará aberto ata o 16 de maio ás 14 horas.
Saber máis
Continúa aberta a inscrición á formación especializada para cooperativas 2025
A Unión de Cooperativas Espazocoop lanzou o Programa de Formación Especializada de Cooperativas, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela no marco do convenio de colaboración para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo.
O programa ofrece 3 cursos, de carácter gratuíto, presenciais que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela os meses de maio e xuño de 2025:
- Xestión laboral e societaria en cooperativas | 13 de maio e 10 de xuño |
Impartido por Xedega S. Coop. Galega
- Marketing dixital para cooperativas | 20 e 27 de maio |
Impartido por Nakeep S. Coop. Galega
- Intelixencia artificial e economía social | 3 de xuño |
Impartido por Tagen Ata S. Coop. Galega
A Escuela Juana Millán estará en Betanzos
A Escola de Emprendedoras Juana Millán estará en Betanzos, os eventos da Escola presenciais concíbense como ferramenta fundamental para achegar ás mulleres dos territorios concretos a experiencia de rede de apoio mutuo que se quere promover desde a Escola.
A Escola Itinerante nesta 5ª edición ten o obxectivo de dinamizar o ecosistema emprendedor liderado por mulleres do territorio galego a través dun evento de innovación e intercambio orientado a reducir a fenda de xénero e impulsar e visibilizar o emprendemento de mulleres, e propiciar as conexións con ecosistemas emprendedores liderados por mulleres.
Prazos: ata o 11 de maio para participar no Encontro do día 23 de maio, e ata o 5 de maio para participar na Feira de emprendedoras do 24 de maio.
Saber máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).