Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 21 de febreiro de 2025 ]
 


 

Un novo espazo compartido para impulsar a cooperación social en Galicia

As principais entidades da economía social e do terceiro sector únense nunha mesma sede en Compostela para reforzar o traballo en rede e multiplicar o seu impacto social.

A nova sede, inaugurada coincidindo co Día da Xustiza Social, o 20 de febreiro, simboliza un modelo de colaboración baseado na inclusión, a solidariedade e a sostibilidade.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, EAPN Galicia (Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social), a Coordinadora Galega de ONG  para o Desenvolvemento e Fiare Banca Ética celebraron unha visita institucional á súa nova sede compartida en Santiago de Compostela. O acto contou coa participación de representantes da Xunta de Galicia, como Marta Mariño, Directora Xeral de Economía Social, e Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión Social, ademais de representantes das entidades organizadoras e doutros axentes do sector social e cooperativo galego.

Saber máis



 


Consulta á base social de EspazoCoop na Semana de Portas Abertas

Lanzamos a consulta telemática á base social de EspazoCoop para a planificación de 2025, que nos gustaría que responderades, para que nos digades: como estades, que precisades e que lle pedides a EspazoCoop. Aproveitamos tamén para facer unha lembranza das actuacións que estamos a realizar dando resposta a demandas e necesidades identificadas ata agora, para coñecer as actuacións. 

E con motivo do recente cambio da oficina de EspazoCoop en Compostela, celebramos a Semana de Portas Abertas do 24 ao 28 de febreiro, para que coñezades a mesma, mais tamén que vos podades achegar ás de Coruña e Vigo para recibirvos previa cita.

Saber máis


 

Presentación de CULTSOS á Sectorial de Cultura de EspazoCoop

No marco do programa CULTSOS - cultura social e sostible- financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social, EspazoCoop organiza un encontro de presentación o vindeiro 28 de febreiro de 11.30 a 14 h. en Santiago de Compostela, destinado á súa Sectorial de Cultura. Farase un percorrido polos contidos, obxectivos, financiamento, prazos de execución e entidades socias de CULTSOS, para tratar especialmetne as misións comerciais a outras comunidades autónomas, entre outras actividades.

Saber máis



 

"Emprendementos que inspiran. Industrias culturais e creativas". Ciclo de webinars de Cultsos

No marco do proxecto CULTSOS -cultura social e sostible- e en colaboración con REDEL, GARAPEN organízase un ciclo de webinars dirixido ao sector cultural e creativo co obxectivo de ofrecer a oportunidade ao sector de coñecer novos proxectos, promover a aprendizaxe para mellorar a competitividade do sector e poñelo en valor. O primeiro webinar celébrase o próximo día 27 de febreiro e presentarán os seguintes proxectos: DAB Dantza Konpainia e Lo que el silencio escucha.

Saber máis



 
 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO