Catálogo da Rede de persoas Mentoras [ES-Mentoring]
EspazoCoop, no marco do programa ES Mentoring promovido pola Xunta de Galicia, dinamizou a creación dunha Rede de persoas Mentoras que prestan acompañamento especializado para a mellora das empresas e entidades do sector da economía social, o seu fin principal é apoiar a consolidación das cooperativas e demais entidades de economía social do tecido económico de Galicia, que poden ser beneficiarias dos servizos de ES Mentoring de xeito gratuíto cando as súas convocatorias están abertas.
O Catálogo de Mentoras na economía social composto por preto de 70 persoas mentoras, consta dunha breve descrición do perfil profesional de cada mentora, e información das áreas de especialización que poden abordar nos procesos de mentoría a empresas de economía social. Está dispoñible na web de ES-Mentoring. Ler máis

O Taller de Solidaridad Enredadas en el Cambio de Lugo, acolle a sesión informativa: E ti, Coñeces a Fórmula Cooperativa?
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o xoves 28 de outubro nas instalacións do Taller de Solidaridad Enredadas en el Cambio, CEEI Nodus, de Lugo realízase unha sesión informativa de 10 a 12.30 h. Ler máis
ES-Factory: Tes unha idea de negocio na economía prateada?
Que é a Economía Prateada? é aquela que está vinculada co cambio demográfico producido polo envellecemento da poboación, e o seu enfoque céntrase nas necesidades e demandas das persoas maiores. Co apoio do programa ES-Factory, e de EspazoCoop e Tecminho, podemos acompañarte para valorar as ideas de negocio na economía prateada e levalas adiante dende os modelos que ofrece a economía social.
Desde EspazoCoop queremos convidarte a compartir a túa idea, iniciativa ou nova liña de negocio na economía prateada, aproveita o programa gratuíto ES-Factory e rexístrate agora nesta chamada para identificar oportunidades de negocio, cóntanos cal é o teu interese en facer parte do noso programa. Poderemos prestar servizos de soporte gratuítos para analizar o modelo de negocio, e acompañarte na creación da túa cooperativa, empresa de economía social, ou nova liña de negocio, de ser o caso. Ler máis

Asemblea local de Fiare Banca Ética Galiza Sur
Este sábado 23 de novembro, o grupo de socias organiza a súa asamblea anual para festexar que Fiare leva 10 anos facendo finanzas éticas, por iso proxectarese o documental "O banco que se creo sen cartos" . Tamén se aprobeitará a ocasión para renovar a equipa do grupo local e para facer un taller a cargo da cooperativa Alalá.

Xornadas Impacto Positivo e Emprendemento en Ourense
[Alén s. coop. galega]
Alén, cooperativa socia, colaboran nun ciclo de sesións sobre Impacto positivo e emprendemento organizadas para a Rede de Polos de Emprendemento de O Carballiño e Verín, nas que afondarase na importancia de integrar a sostibilidade nos proxectos de emprendemento e coñecer máis sobre as iniciativas locais de impacto positivo.
Se buscas integrar a sostibilidade no teu proxecto de emprendemento ou organización podes participar nestas actividades. Aproveita estas oportunidades para establecer conexións e sinerxías con persoas coa intención de impulsar e apoiar este tipo de proxectos! Estas xornadas contarán cun café de benvida cun espazo de networking, unha charla sobre como integrar a sostibilidade e unha conversa cunha organización de impacto local.
Mércores 27 Novembro 2024 de 18 a 20 h. | Aula Progreso. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso, 30, Ourense. Inscrición aberta. Ler máis
