Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 10 de Febreiro de 2023 ]
 


 

EspazoCoop celebra unha Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar o Plan Operativo Anual coas súas socias

EspazoCoop, a Unión de Cooperativas de Galicia, celebrou o pasado venres 3 de febreiro na Fundación Paideia unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que tratar coas súas cooperativas socias o Plan Operativo Anual. Participaron máis de vintecinco cooperativas da Unión, que traballaron nas súas propostas e achegas nas liñas estratéxicas e actuacións para o exercicio 2023. Ler máis
 




Convocados os Premios á Cooperación 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2023. O propósito desta convocatoria é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega. Destinatarias: as cooperativas galegas, prazo: 28 de abril de 2023. Ler máis




Curso: Cooperativas de Plataformas Dixitais. Sexta edición

A sexta edición do curso online que promove a economía dixital cooperativa inicia o 27 de marzo de 2023. Formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global. O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES. Ler máis


 




Certame Cooperativismo no Ensino 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Poderán presentar traballos nas seguintes modalidades: Actividades Artísticas, Actividades Cooperativizadas, e Proxectos Empresariais Cooperativos. Prazo: 28 de abril de 2023. Ler máis


 



Cooperativas de ensino e Grupo Cajamar premian a cultura emprendedora na escola

A Unión estatal de cooperativas de ensino - UECoE- e Grupo Cooperativo Cajamar son as impulsoras da sexta edición do Premio "Fomento do emprendemento cooperativo na escola" dirixido a formentar a aptitude emprendedora entre escolares que estén cursando 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e formación profesional. Bases e inscrición aquí.
O prazo para solicitar a participación finaliza o 15 de febreiro e o prazo para presentar os proxectos o 20 de maio de 2023. Ler máis



 


Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO