Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 3 de Marzo de 2023 ]
 


 

As primeiras socias de EspazoCoop de 2023

Presentamos ás primeiras novas asociadas a EspazoCoop deste ano, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo. Son Aldea Integral (Vigo), Fillas da Terra (Domaio-Moaña), Performa (Santiago), Nave de Lata (Santiago), Marma (Miño), Luna de Brigantia (Vigo), e Interpyme (Cangas do Morrazo), Falar de Mare (Arteixo), Cuarzo Verde (Vigo) e Arreda (Boiro). Ler máis


 


`O Noso Reto Solidario´ busca organizacións da economía social cunha idea

A Fundación Roberto Rivas lanzou a iniciativa "O Noso Reto Solidario", innovación e colaboración no sector da economía social de Galicia. Buscan organizacións con ideas para fomentar o medio local e rural con impacto social e ambiental.
As entidades seleccionadas accederán a un programa de formación e titorización enfocado a mellorar e tamén poderán recibir un apoio adicional de capital semente. A convocatoria está aberta ata o 23 de marzo de 2023. A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Foro pola Economía Social Galega son entidades colaboradoras deste programa. Ler máis.

 




Webinar de Presentación do curso "Plataformas Cooperativas Xa!" da Universidade de Mondragón

A sexta edición do curso online que promove a economía dixital cooperativa inicia o 27 de marzo de 2023 e a inscrición está aberta. Para informar ás persoas interesadas ou que estén pensando en realizalo, organízase unha sesión informativa o 13 de marzo de 18 a 19 h. "Plataformas Cooperativas Xa!" é unha formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas dixitais cooperativas e a creación dunha comunidade global.

O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES. Ler máis

 

 

As axudas á dixitalización do "Programa Kit Dixital" amplían prazos de solicitude

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital publicou a ampliación dos prazos do Programa Kit Dixital ata o 31 de decembro de 2024. As axudas do segmento I, II, e III estarán abertas ata finais do próximo ano, estando destinadas ás empresas que precisen distintas solucións dixitais subvencionables. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO