Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 20 de Outubro de 2023 ]
 


 

Publicadas as axudas para cooperativas e empresas de Economía Social do Concello de Santiago

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela deu conta da convocatoria de axudas destinadas á consolidación e ao mantemento de empresas de economía social, é dicir cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Os gastos subvencionables serán os gastos correntes do 1 de xaneiro a 1 de outubro de 2023 (máximo 5.000 euros beneficiaria). O prazo para presentar as solicitudes abrangue do 17 ao 31 de outubro de 2023. Ler máis
 


 




Novas ferramentas de SAVES para o cooperativismo galego e uso dos seus datos para propostas económicas da nova Lei de Cooperativas

O vindeiro martes 24 de outubro terá lugar un evento de presentación das novas ferramentas de SAVES para o cooperativismo galego, creadas no marco dos proxectos SAVES-Agaca e SAVES Emprende, desenvolvidos pola Universidade de Vigo co apoio da Rede Eusumo. Será no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela a partir das 10.00 h.
SAVES é o Sistema de Asistencia Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, unha plataforma dixital que ten o obxectivo recompilar as cifras do Movemento Cooperativo en Galicia. Ler máis


 




24 cooperativas beneficiáronse do Programa de Asesoramento de EspazoCoop apoiado pola Rede Eusumo no último ano

O programa de asesoramento de Espazocoop executado no último ano, co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia, chegou a 24 cooperativas socias da Unión de Cooperativas. O asesoramento está destinado tanto a grupos de persoas emprendedoras que queren formar unha cooperativa, como a cooperativas en funcionamento que buscan consolidarse e mellorar, os servizos préstanse sen custo para as usuarias participantes. Ler máis


 

 

A Intercooperación en 10 claves

EspazoCoop publica “A Intercooperación en 10 claves” unha pequena guía divulgativa para cooperativas e calquera persoa ou organización interesada, que busca pór en valor o principio da intercooperación unha práctica de funcionamento que distingue o modelo empresarial cooperativo. A iniciativa fai parte do programa “Itinerario de Intercooperación” de EspazoCoop, programa que contou co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. Ler máis


 

 

V Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Circular, Economía para a Cidadanía

O Concello de Santiago e a Universidade, colaboran e impulsan unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela. Esta V edición lévase a cabo no marco dos principios da Axenda Urbana 2030 e céntrase no debate sobre un modelo económico pensado por e para as persoas. Será do 25 ao 27 de outubro con distintas actividades: encontros, retos ao alumnado, feira expositiva, mesas de debate, talleres e sorteo. Entrada libre. Ler máis


 



Apúntate!
A formación xerencial de EspazoCoop inicia cun curso de "Fiscalidade Cooperativa Avanzada"

A partir do día 7 de novembro, a Unión celebra 3 cursos gratuítos dentro do seu Programa Especializado de Formación Xerencial que realiza en colaboración co Concello da Coruña. Abordaranse materias específicas e especializadas sobre cooperativas co fin de mellorar a formación xerencial de socias e traballadoras de empresas cooperativas, ou doutras persoas e colectivos interesados nos mesmos. A inscrición está aberta e se realizan na Coruña:
- "Fiscalidade cooperativa avanzada" | 7 e 14 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xiama.
- "Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, dez horas.
Impartido pola cooperativa Xedega.
- "Transformación de empresas mercantís en cooperativas" | 5 e 12 decembro 2023, dez horas. Impartido polas cooperativas Xedega, Cerne, Abeluria, e a Federación Andaluza de Empresas Cooperativas de Traballo Asociado (Faecta) 
Ler máis


 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 

Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO