Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 25 de outubro de 2024 ]
 


 

Xornada ES-Mentoring "Rede de Mentorías da Economía Social"

EspazoCoop organiza o día 6 de novembro de 2024 un encontro de intercambio de coñecemento e experiencia entre persoas mentoras que participaron no programa ES-MENTORING e as entidades mentorizadas nas edicións 2022 e 2023, co fin de incrementar o coñecemento que serva de elemento facilitador do encaixe da demanda de mentoría e a oferta de mentorización.

Na xornada, que se celebrará en Santiago de Compostela, presentarase o primeiro Catálago da Rede de Mentoras, os resultados da avaliación das mentorías realizadas nas edicións indicadas, e desenvolverase unha dinámica de intercambio para afondar e reflexionar sobre temas de interese. A sesión pechará coa intervención do Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, abordando o "O futuro de ES-Mentoring".
  Ler máis


 


EspazoCoop asiste ao XX Congreso estatal das cooperativas de ensino

Desde o día 23 e ata hoxe, representantes do Consello Reitor da Unión e dalgúns dos centros escolares cooperativos socios como o Colexio Abrente, o Colexio Andaina e o Colexio Mendiño comparten coñecementos con participantes de todo o estado.

Estes días estase a celebrar en Valencia o XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino que reúne a profesorado, orientadores e equipos de dirección de escolas cooperativas de toda España e no que están participando representantes do Consello Reitor da Unión e dalgúns dos centros escolares cooperativos socios como o Colexio Abrente, o Colexio Andaina e o Colexio Mendiño. Ler máis


 


EspazoCoop na presentación da Oficina Económica de Galicia

A Unión está pendente de ter unha xuntanza coa Oficina para facilitar o seu achegamento da mesma ás cooperativas. O pasado 22 de outubro, EspazoCoop asistiu á presentación dos avances da Oficina Económica de Galicia, evento presidido pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. Esta iniciativa quere convertirse nun recurso clave para o tecido empresarial galego, e desde EspazoCoop buscamos que tamén sexa unha ferramenta para as cooperativas galegas. Ler máis


 


 

O Obradoiro de Emprego de Tahume IX de Porto do Son acolle a sesión informativa: E ti, Coñeces a Fórmula Cooperativa?

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o xoves 31 de outubro nas instalacións do Obradoiro de Emprego Tahume IX de Porto do Son realízase unha sesión informativa de 9.30 a 12.30 h. Ler máis
 


 



ÚLTIMOS DÍAS! "Talento Cooperativo" busca persoas para as Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas 

O programa “Talento Cooperativo” lanzou a súa convocatoria para seleccionar 4 persoas con estudos empresariais para 4 Bolsas de EspazoCoop en cooperativas galegas.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, mantén aberta ata o 28 de outubro a súa convocatoria do programa Talento Cooperativo 2024, 12ª edición, para persoas menores de 30 anos, con preferencia a mulleres, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial. As localidades das cooperativas onde se realizarán as estadías son Vigo, Moaña, Ferrol e A Coruña.

Estas bolsas contan co apoio do programa 2024-2025 da Rede Eusumo da Xunta de Galicia e o proxecto europeo ES Factory (FEDER no marco do programa Interreg VI A España - Portugal 2021-2027). Ler máis




Entrevista á cooperativa Moira, participante no programa "EspazoCoop Emprende"

O programa "EspazoCoop Emprende" o teu Futuro é Cooperativa, impulsado pola Unión de Cooperativas, entrevista a Moira S. Coop. Galega, unha das cooperativas beneficiarias dos servizos de apoio ao emprendemento do programa: “Os programas de EspazoCoop foron fundamentais para nós. O apoio recibido axudounos a superar os retos para converter a nosa idea en negocio”.

EspazoCoop Emprende é un programa Éfeso, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027.
Ler máis


 



Formación para persoas prescritoras, axentes impulsores do emprendemento

A Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do seu convenio de colaboración 2024 para fomentar o cooperativismo e a economía social, ofrecen para o mes de novembro un curso destinado a persoas prescritoras de emprego e emprendemento "Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social", unha formación en liña gratuíta, de 40 horas de duración que se celebra do 4 ao 30 de novembro.

Os principios e valores nos que se basea o cooperativismo e a economía social, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acadar unha mellor situación de acceso ao emprego, a través do autoemprego colectivo. Ler máis




Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO