Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
                                 
                                                         


BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 21 de marzo de 2025 ]
                                                                           


 

Xornada de presentación: Programa "Academia da Factoría da Economía Social"

Para lanzar "Academia Factoría da Economía Social", EspazoCoop organiza o vindeiro 25 de marzo de 2025 a Xornada de presentación, que se celebrarará no Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa, de 9 a 14 h. co obxectivo de dalo a coñecer, promover a innovación, visibilizar boas prácticas, e captar público beneficiario. O programa busca fortalecer as habilidades das persoas emprendedoras no ámbito do cooperativismo e a economía social en Galicia, e contribuír a acelerar os seus proxectos, en concreto daqueles que están dentro do programa europeo ES-Factory e a súa aceleradora de proxectos EspazoCoop Impulsa.

Saber máis


 

Acelera o teu proxecto cooperativo con ES-Factory EspazoCoop - Impulsa!

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza un programa de aceleración dirixido a proxectos cooperativos e de economía social.

ES-Factory EspazoCoop – Impulsa componse de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.

O prazo para inscribirse no programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social finalizará o 27 de marzo de 2025.

Saber máis





Premios á Cooperación 2025

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén aberta a convocatoria dos Premios á Cooperación 2025. O propósito desta iniciativa é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega.

As entidades que poden participar nos premios á cooperación son as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo. Prazo de candidaturas: 30 de abril de 2025.


Saber máis


EspazoCoop vén de realizar cambios nas súas redes sociais

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop deixa, dende esta semana, de publicar na rede social X, a partir de agora terá presenza na rede Bluesky.

Búscanos en ...

BLUESKY: BSKY - FACEBOOK: FB - INSTAGRAM: IG

LINKEDIN: LK - YOUTUBE: YT - VIMEO: VMEO

 
 

Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO