Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 11 de xullo de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   
 

O Programa +COOP duplica os seus resultados 29 cooperativas constituídas en Galicia

As mulleres representan o 68% das persoas atendidas e o 62% dos empregos creados.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presentou hoxe os destacados resultados do programa +COOP correspondentes ao período 2024-2025, que evidencian un crecemento notable na creación de cooperativas en Galicia. O programa, que se desenvolve en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o Fondo Social Europeo Plus, alcanzou a constitución de 29 cooperativas, máis do dobre que o período anterior, xerando 64 postos de traballo mediante a fórmula do autoemprego colectivo.

Saber máis



 

EspazoCoop reúnese con Ana Pontón para achegar as necesidades do cooperativismo galego

O Consello Reitor de EspazoCoop mantivo o 9 de xullo un encontro coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado Dani Pérez, co obxectivo de trasladar as principais necesidades e retos que enfronta o movemento cooperativo en Galicia.

A reunión, promovida pola propia organización cooperativa, serviu como espazo de diálogo para presentar as demandas do sector e explorar vías de colaboración que impulsen o desenvolvemento da economía social na comunidade galega.

Saber máis




 


Xornada do programa Talento Cooperativo: fortalecemento de empresas de economía social

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrará o venres 18 de xullo a xornada Talento Cooperativo, en modalidade virtual de 10 a 12.30 h.

O evento tratará e informará sobre o programa Talento Cooperativo, que busca mellorar as áreas de xestión das empresas de economía social galegas a través da concesión de bolsas de apoio xerencial aos colectivos destinatarios do programa.

Talento Cooperativo facilitará a incorporación de persoas formadas en xestión empresarial, con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social para fortalecer a xestión e a función xerencial das organizacións beneficiarias dunha bolsa. 

A inscrición permanece aberta.

Saber máis


 


Grazas, Mar, por facer que o cooperativismo nacera con corazón

O pasado 5 de xullo, na celebración do Día do Cooperativismo, vivimos un deses momentos que quedan gardados na memoria: rendémoslle homenaxe a Mar Pernas, compañeira e referente.

O Consello Galego de Cooperativas quixo rendir esta homenaxe por levar toda a súa vida vencellada ao cooperativismo, polo que é unha obriga recoñecer, con emoción e gratitude, unha traxectoria vital e profesional que é parte da historia do cooperativismo galego. Porque Mar leva toda unha vida adicada, con paixón e constancia, ao impulso do noso movemento.

Saber máis


 


Illa Bufarda, Rexenerando e Mendiño destacan nos premios do Día do Cooperativismo 2025

Tres cooperativas socias de EspazoCoop foron galardoadas na celebración do Día do Cooperativismo deste ano: Illa Bufarda, Rexenerando e a Sociedade Cooperativa Galega Mendiño.

Illa Bufarda: mellor proxecto cooperativo novo.
Rexenerando: valores cooperativos.
Mendiño: innovación educativa cooperativa.

Saber máis


 

Bolsas 2025 "Talento Cooperativo" para mocidade con estudos empresariais

O programa “Talento Cooperativo” 2025 lanza a convocatoria para seleccionar 4 persoas con estudos empresariais para adxudicar catro bolsas cunha axuda mensual de 700 € en cooperativas galegas, nas localidades de Allariz, As Neves, A Pobra do Caramiñal e Vigo.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop, abriu a 13ª convocatoria do programa Talento Cooperativo 2025, para persoas menores de 30 anos, en desemprego e con estudos en áreas da xestión empresarial.

Prazo de solicitude: 31 de agosto de 2025.

Saber máis

 


Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO