Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

Novo Rural | Encontro online
3 de outubro de 2023 de 10-12 h.

[ Programa fomento do cooperativismo en sectores estratéxicos ]


 

"Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos" é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop, cuxa liña de traballo é impulsar, acompañar e apoiar a creación de novas empresas cooperativas en sectores e actividades económicas estratéxicas en Galicia e para novas necesidades comunitarias.

EspazoCoop elaborou o pasado ano unha colección de Plans Estratéxicos nos ámbitos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continúa, a través deste programa, coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.

Neste contexto, a Unión celebrará o día 3 de outubro de 2023 un dos Encontros previstos que se enfocará no Sector Novo Rural e será en formato virtual.


Encontros Sectoriais Estratéxicos
Novo Rural
Martes 3 de Outubro de 2023 | De 10 a 12 h. | Online


Programa | Cartel | Inscrición





O encontro serverá para divulgar as potencialidades do cooperativismo entre aquelas persoas e grupos interesados en organizar o impulsar proxectos e novas actividades no rural.

Tamén pretende identificar e atender novas oportunidades no rural para impulsalas dende o cooperativismo.

Ademais mostrará boas prácticas e casos de cooperativas que son exemplos de novas actividades no rural.

O programa consta de dúas liñas de actuación os Encontros de Sectores Estratéxicos e Asesoramento para acompañar e orientar a proxectos que queiran organizarse dende o modelo cooperativo.


Cordiais saúdos!
 


Esta actividade enmárcase:
na Programación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola
Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
info@espazo.coop |  www.espazo.coop


A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14 - 2º andar, oficina 3-4. 36201 | 34 986 866 149

Facebook Twitter Linked in
RED EUSUMO