Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 28 de Abril de 2023 ]
 


 

A Confederación Empresarial Española da Economía social celebra a súa asemblea anual coa participación de EspazoCoop

O xoves 27 de abril tivo lugar en San Sebastián a XXXI Asamblea Xeral da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) que contou coa participación de EspazoCoop da man de Claudia Rodríguez, Vogal do Consello Reitor da Unión. A Asemblea realizouse no marco dos actos realizados con ocasión da capitalidade da economía social que ostenta a cidade e a ela acudiron máis de 170 asistentes do ámbito da economía social e personalidades da política, a economía e a sociedade civil, tanto a nivel estatal como autonómica. Ler máis





Inscríbete ao Programa Colectivos "A Solución é Cooperativa"

EspazoCoop desenvolve o Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa”, conformado como un itinerario de 3 obradoiros gratuítos de teleformación. O programa ofrece formación e orientación sobre a empresa cooperativa a colectivos de persoas en proceso de mellora da súa situación laboral e social.
O próximo 9 de maio arranca o segundo Curso: "Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas", de vinte horas.
Ler máis


 




Actividades en Sada para promover o cooperativismo

A segunda semana de maio a Unión de Cooperativas inicia as actividades previstas para impulsar e informar sobre creación de empresas cooperativas entre a poboación de Sada  (A Coruña). Trátase de dúas accións, unha Xornada, o luns 8 de maio de 2023, e un Obradoiro de 15 horas que se impartirá os días 10, 12 e 15 de maio no Salón de Plenos do Concello de Sada. Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña, destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo. Ler máis
 




EspazoCoop busca unha persoa para coordinación de xerencia

A Unión de Cooperativas EspazoCoop busca incorporar a unha persoa no seu equipo, unha Coordinadora ou Coordinador de xerencia, para dirixir e coordinar as distintas áreas de actividade da organización. Ler máis

 




Os servizos de Kracia con desconto para as asociadas a EspazoCoop

Queremos brindarvos unha oferta moi especial para as socias de EspazoCoop. En Kracia queremos contribuír a mellorar a presenza online das socias da Unión e por iso lanzamos esta oferta de desconto do 20% en todos os nosos servizos. Ler máis


 


Curso para xestionar a Formación Bonificada
Simbiosis s. coop. galega

A cooperativa socia Simbiosis, lanza unha oferta especial para asociadas a EspazoCoop no curso “Xestión da formación programada polas empresas -Formación Bonificada-“ que se imparte do 11 de maio ao 15 de xuño en modalidade teleformación e dura 25 horas. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO