Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 12 de Maio de 2023 ]
 



Webinar: Bono Consolida Economía Social 2023
 

O próximo martes 16 de maio realízase unha sesión telemática organizada polo Foro pola Economía Social Galega para tratar a vindeira convocatoria do Bono Consolida ES. Proximamente, publicaranse as bases reguladoras do Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e procederase á súa convocatoria para a anualidade 2023.
No webinar informarase de cal é o obxecto do programa, que conceptos son subvencionables e se a túa cooperativa ou entidade pode solicitalo. A través deste 
enlace poderase acceder á reunión virtual de 9.45 a 11 h.



 




A sectorial de ensino de EspazoCoop participa na manifestación en contra do desmantelamento do ensino concertado, sábado 13 de maio


A Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES Galicia) -entidade que asocia a preto de 30 colexios en réxime de concerto educativo e da que forma parte a Unión de Cooperativas EspazoCoop-, a Federación de Ensino de USO (FeUSO) e o Sindicato Nacional de Ensino Privado de Galicia (SNEPdG) convocaron para este sábado 13 de maio unha manifestación de persoas traballadoras do Ensino Concertado en contra da inacción e ninguneo da Consellería de Educación a esta modalidade de ensino. 
As cooperativas de ensino teñen vocación pública e unha xestión democrática, o seu modelo pedagóxico incorpora os valores sociais e educativos do modelo cooperativo como son a inclusión, a sostibilidade, a innovación ou o compromiso coa contorna
. Ler máis


 




Encontro: Cooperativas de Consumo, 16 de maio

Itinerario de Intercooperación 2023

A Unión de Cooperativas EspazoCoop para fomentar a intercooperación, tanto a nivel sectorial como intersectorial e con outras entidades da Economía Social e Solidaria (ESS), ten en marcha un programa composto de distintas actuacións: encontros sectoriais; encontros  de proxectos de colaboración; asesoramento a proxectos de intercooperación; e elaboración de materiais divulgativos.
O próximo 16 de maio realízase o
Encontro Sectorial - Consumo en formato virtual de 9 a 11 horas. A participación é aberta previa inscrición.
Ler máis
 


 




[Pílula formativa] Xoves de Cooperativismo no Papagaio:
"Comunicación Comercial"

 

O 18 de maio nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
A Unión realiza a primeira Pílula Formativa sobre "Comunicación Comercial", unha actividade práctica, na que se traballará a comunicación comercial a través da ferramenta da Árbore Estratéxica. A actividade será impartida por Praxxis Inclusión s. coop. galega, con Laurent Ogel, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30. Asistencia gratuíta previa inscrición.
Ler máis


 




Encontro: Cooperativas de Ensino, 23 de maio

Itinerario de Intercooperación 2023

Dentro do programa de EspazoCoop que busca impulsar procesos de intercooperación, e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental, celébrase o martes 23 de maio de 17 a 20 horas o Encontro Sectorial - Ensino. A intercooperación distingue especialmente a economía cooperativa e a súa cultura empresarial, polo que a través destes encontros as cooperativas poderán exercer a colaboración e a abordaxe en común de calquera tema que lles afecte ou que queiran desenvolver. Ler máis


 




Agruparse sectorialmente, unha forma de colaboración: Asesorías e consultorías

A Liña Sectores é un dos eixos da acción da Unión de Cooperativas EspazoCoop en Galicia. A súa creación e a organización de Sectoriais coas socias responde ao obxetivo de que a Unión favoreza a interrelación e os grupos de traballo independentes daquelas cooperativas que se poden agrupar polo tipo de sector e pola actividade que realizan. Presentamos á Sectorial Asesorías e Consultorías da que é responsable Claudia Rodríguez, do consello reitor da Unión. Ler máis
 


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO