Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 12 de abril de 2024 ]
 



Coñece ás novas cooperativas socias da Unión

Presentamos unha nova relación de cooperativas asociadas a EspazoCoop, que se integraron nos últimos meses. Deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo. EspazoCoop somos a maior rede de cooperativas en Galicia, xa somos 261 cooperativas asociadas. Ler máis


 

 

Vídeo | Acompañando na creación de cooperativas

O vídeo que presentamos “Acompañando na creación de cooperativas" da Unión de Cooperativas EspazoCoop foi realizado con Xarda s. coop. galega, no marco e co financiamento do Convenio de Colaboración 2023 entre a Deputación da Coruña e EspazoCoop para o fomento do cooperativismo.

Para formar unha empresa cooperativa é recomendable contar co apoio de organizacións especializadas neste modelo empresarial que destaca pola súa xestión democrática, a participación, e a dimensión social. Cooperativas formadas co acompañamento da Unión de Cooperativas EspazoCoop, suliñan a importancia de recibir asesoramento e estar apoiadas, así o contan neste vídeo: Xacias S. Coop. Galega (Comunicación), BoaOnda S. Coop. Galega (Ecoturismo e permacultura) e Lenda Educativa S. Coop. Galega (Centro de educación especial). Ler máis

 


O 30 de abril finaliza o prazo para presentarse ao Certame `Cooperativismo no Ensino 2024´ destinado aos centros educativos galegos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Animamos especialmente ás cooperativas de ensino de EspazoCoop a presentarse a este certame.

Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo nas seguintes modalidades: Modalidades artísticas, Modalidade actividades cooperativizadas, e Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, as etapas de infantil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
  Prazo: 30 de abril de 2024.  Ler máis
 


 




O Punto de Iniciativas Empresariais do Concello de Ribeira acolle a sesión informativa: E ti, Coñeces a Fórmula Cooperativa?

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o martes 30 de abril no Punto de Iniciativas Empresariais do Concello de Ribeira realízase unha sesión informativa de 9.00 a 13.30 h. aberta a todo o público interesado.
Ler máis


 


 

Manifesto da Cecop para as eleccións europeas 2024: as cooperativas empoderan ás traballadoras, reindustrializan e innovan en beneficio de todas

Con motivo das próximas elección europeas CECOP lanza un manifesto de demandas e prioridades. A Confederación Europea de Cooperativas Industriais e de Servizos, CECOP, representa a 40.000 cooperativas de traballo asociado e de servizos en toda Europa, que á súa vez empregan a 1,3 millóns de persoas. As súas cooperativas réxense por principios democráticos e están fortemente arraigadas nas súas comunidades, reinvertíndoas a maior parte dos seus beneficios para garantir a sustentabilidade das súas actividades. Ler máis




Programa de teleformación "Muller, a cooperativa é para ti"

A Unión de Cooperativas EspazoCoop continúa coas inscricións abertas ao programa formativo “Muller, a cooperativa é para ti”. Trátase de teleformación, gratuíta, realizada dende a Aula Virtual de EspazoCoop, cunha duración de 25 h. cada curso, aínda pódese optar a participar nas actividades que inician o 25 de abril e o 13 de maio:

- Habilidades para o traballo en equipo en cooperativas, inicio 25 de abril
- Desenvolvendo a idea cooperativa, inicio 13 de maio

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis




Manifesto da Cecop para as eleccións europeas 2024:
as cooperativas empoderan ás traballadoras, reindustrializan e innovan en beneficio de todas


Con motivo das próximas elección europeas CECOP lanza un manifesto de demandas e prioridades. A Confederación Europea de Cooperativas Industriais e de Servizos, CECOP, representa a 40.000 cooperativas de traballo asociado e de servizos en toda Europa, que á súa vez empregan a 1,3 millóns de persoas. As súas cooperativas réxense por principios democráticos e están fortemente arraigadas nas súas comunidades, reinvertíndoas a maior parte dos seus beneficios para garantir a sustentabilidade das súas actividades. Ler máis



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO