Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 19 de decembro de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   

EspazoCoop asistiu á Gala do Ano Internacional das Cooperativas 2025: "Pódese vivir dentro do cooperativismo"

EspazoCoop participou no evento que pechou a nivel institucional o Ano Internacional das Cooperativas 2025 declarado pola ONU. Celebrado o 11 de decembro na Praza da Quintana en Santiago de Compostela foi promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas do que a Unión de Cooperativas fai parte.

A gala, conducida por O Faiado Podcast, estivo chea de sorpresas, música, e teatro, e contou coa participación dunha morea de cooperativas da comunidade para conectar coa realidade galega e amosar que é posible construír un futuro máis xusto e pleno a través do cooperativismo.

A cita estivo convocada baixo o lema: “Pódese vivir dentro do cooperativismo”, e foi unha celebración aberta a cooperativistas e a toda a cidadanía, especialmente ás persoas máis novas que buscan alternativas reais e transformadoras de vivir e acceder ao emprego.

Saber máis


Dispoñible o videopodcast dos Outonos Cooperativos no que participou EspazoCoop

Ana Olveira, Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, participa no videopodcast dos `Outonos Cooperativos´, encontros inspiradores para visibilizar os valores da economía cooperativa a través de empresas asentadas no territorio galego, como é o caso da sesión dos faladoiros, en Bidafarama S. Coop. Galega.

EspazoCoop falou no videopodcast presentado por "O Faiado Podcast", no que participaron tamén representantes de Bidafarma e Marta Mariño, Directora xeral de traballo autónomo e economía social.

Saber máis




Aberta a convocatoria 2025 do MITECO para proxectos innovadores contra o despoboamento

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) publicou a convocatoria 2025 de subvencións para financiar proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento, promovidos por empresas, entidades da economía social, e outras iniciativas emprendedorasEn todos os casos, os proxectos deberán realizarse, con carácter xeral, en municipios ou núcleos poboacionais cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.

A convocatoria establece as características dos proxectos que poden recibir a axuda, establecendo que: aportarán
 unha visión integral do problema demográfico da zona na que se prevé o seu desenvolvemento, abordando respostas transferibles para outras zonas rurais con problemas demográficos similares. Ditos proxectos deberán ter como obxectivo propiciar a reactivación social e económica destas zonas, contar cun contido innovador para o territorio, que executen novas actividades económicas, a xeración de novos postos de traballo ou o mantemento dos existentes, con especial atención a proxectos impulsados pola mocidade e mulleres.

Prazo 20 de xaneiro de 2026.

Saber máis

Para acceder a máis referencias de axudas, consulta a sección Axudas reservada a cooperativas socias, que publicamos semanalmente no Boletín de EspazoCoop.

Imaxe: vía web do Miteco



Exitosa xornada de traballo de EC4Rural cos concellos do piloto en Galicia

O pasado 2 de decembro, o proxecto EC4Rural, que promove a creación de Comunidades Enerxéticas, convocou unha sesión presencial de traballo cos 22 concellos adscritos ao piloto en Galicia. O obxectivo foi ofrecer información actualizada sobre a marcha do noso proxecto, favorecer o intercambio de experiencias, e promover oportunidades para tecer redes entre este grupo de actores que están asentando o futuro da transición enerxética xusta en Galicia, mediante unha aproximación baseada na participación das persoas.

EspazoCoop fai parte de EC4Rural, proxecto liderado pola Universidade de Vigo.

Saber máis


O CES apoiou a declaración do cooperativismo galego polo Ano Internacional das Cooperativas 2025

A proposta da representación da economía social no Consello Económico e Social de Galicia, a Comisión Permanente aprobou na súa sesión do día 4 de decembro o apoio do organismo á declaración do cooperativismo galego polo Ano Internacional das Cooperativas 2025.

O Consello Galego de Cooperativas, órgano consultivo e representativo do cooperativismo de Galicia, fixo pública con esta declaración a satisfacción pola decisión da Organización das Nacións Unidas (ONU) de declarar este ano 2025 como Ano Internacional das Cooperativas, baixo o lema —que fai propio— “As cooperativas constrúen un mundo mellor”.

Saber máis



EspazoCoop felicítavos as festas

Que 2026 nos atope cooperando, priorizando as persoas e a vida, construíndo xuntas un ano ético, humanista, cheo de humor e valores!
 


 

Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO