Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 2 de febreiro de 2024 ]
 



EspazoCoop participa na presentación da nova Estratexia da Economía Social

Representantes da Unión asistiron ao acto de presentación que tivo lugar o pasado 31 de xaneiro nas dependencias da cooperativa Viña Costeira, onde foi presentada a 2ª Estratexia galega de economía social: Horizonte 2027 nun acto que contou coa participación das entidades máis representativas deste modelo entre as que estivo EspazoCoop participando nunha mesa redonda. Ler máis

 


Programa formativo`A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade´

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro e marzo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
  • Emprendemento cooperativo para a mocidade | 25 h. Teleformación | Do 14 ao 29 de febreiro 2024
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. Teleformación | Do 1 ao 17 de marzo 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. Teleformación | Do 18 de marzo ao 5 de abril 2024.
Actividades no marco dos programas da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e o programa Efeso (Cepes - FSE +). Ler máis

 


Puntos de traballo cooperativo ao teu dispór: Rede COOPWorking
 
COCETA e a súa rede de organizacións confederadas do territorio estatal, entre as que estamos a Unión de Cooperativas EspazoCoop, poñen a disposición de todas as Cooperativas de Traballo federadas, así como das entidades representativas, espazos COOPWorking gratuítos. En concreto EspazoCoop ten a dispór espazos en Vigo e Santiago. Ler máis


 


Convocados os `Premios á cooperación 2024´ destinados ás cooperativas de Galicia

O propósito desta convocatoria é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega. A convocatoria establece premios nas seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos.
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativas cunha antigüedade igual ou menor de 42 meses).
  • Á traxectoria cooperativa (cooperativas cunha antigüedade maior de 42 meses).
Prazo: 30 de abril de 2024. Ler máis


 


Axudas a cooperativas: Programa APROL Economía Social 2024

Convocáronse as subvencións 2024 para fomento do emprendemento en economía social: ‘Programa Aprol Economía Social’. Estas axudas están destinadas ás cooperativas (entre outras beneficiarias). A súa finalidade é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Para elo establecéronse dous Programas de axudas:

  • Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Prazo de solicitude: 16 de setembro de 2024 ou ata esgotamento de crédito. Ler máis




Certame `Cooperativismo no Ensino 2024´destinado a centros educativos galegos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo nas seguintes modalidades: Modalidades artísticas, Modalidade actividades cooperativizadas, e Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, as etapas de infantil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial. Ler máis
 

 


Oferta de emprego: A cooperativa Fylsem Asesores busca técnica/o de laboral

A cooperativa socia, Fylsem Asesores, busca un perfil para o departamento laboral a media xornada de luns a xoves, coa opción da contratación indefinida. Ler máis


 


Xornada EC4Rural en conexión co territorio: sinerxías cos Grupos de Desenvolvemento Rural

O 6 de febreiro os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia danse cita na sede da Fegamp para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto EC4RURAL; afondar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participacion rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas; coñecer iniciativas que se están a promover e desenvolver; e debater sobre as sinerxías que se poden xerar entre o labor dos GDR e EC4RURAL. A Unión de Cooperativas EspazoCoop participará no programa desta sesión para os GDR, en calidade de socia deste proxecto. Ler máis

 


Encontros de Emprego en Galicia:
Son as cooperativas as empresas do futuro?

Emprego en Galicia organiza o encontro en liña "Son as cooperativas as empresas do futuro?" o vindeiro xoves 8 de febreiro ás 19 horas. Nel participará EspazoCoop xunto a dous casos de éxito galegos, as cooperativas Aventeira (educación e lecer) e A Carqueixa (produtos dos Ancares), con elas coñecerás boas prácticas de primeira man. Rexistro e inscrición na web de Emprego en Galicia da Xunta. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO