Ten lugar os días 19, 20 e 21 de outubro en Tenerife e nel debátense aspectos relacionados coa xestión dos centros educativos. As cooperativas de ensino asociadas a UECoE (Unión de Cooperativas de Enseñanza) reúnense en Santa Cruz de Tenerife e unha representación de EspazoCoop participa neste XIX Congreso que se celebra baixo o título “Rexurdir das Cooperativas de Ensino: Nova realidade”. Ler máis
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Deputación Provincial da Coruña están colaborando no marco do convenio asinado este ano para realizar un ITINERARIO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO destinado á cidadanía da provincia coruñesa.
O Itinerario está conformado por tres actividades e servizos gratuítos que apoian o modelo empresarial cooperativo no ámbito territorial da provincia da Coruña: un servizo de asesoramento e acompañamento a proxectos cooperativos, un curso sobre cooperativas online, e unha xornada de divulgación. A través deste programa preténdese ademais, detectar oportunidades para realizar actividades económicas e profesionais dende a vía cooperativa. Ler máis