Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 24 de Febreiro de 2023 ]
 


 

EspazoCoop organiza un curso para adquirir competencias na xerencia de cooperativas

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela veñen colaborando na realización de actividades de fomento do cooperativismo, porén neste mes de febreiro está programado o curso “Formación para Titoras Xerencias en Cooperativas”, que se celebra do 27 de febreiro ao 6 de marzo de 2023 en modalidade semipresencial. O curso é gratuíto e aínda está aberta a inscrición.

A formación dará a coñecer o modelo cooperativo e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras, asentará as bases para desempeñar unha axeitada función xerencial en cooperativas. Ler máis.



 


A Unión colabora na organización e impartición dun curso sobre Plataformas Dixitais Cooperativas, impulsado pola Universidade de Mondragón

A sexta edición do curso online que promove a economía dixital cooperativa inicia o 27 de marzo de 2023 e a inscrición xa está aberta. Trátase dunha formación especializada sobre emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.

O curso está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy, a Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES. Ler máis


 

 

"Medrando Xuntas" formación para mulleres da economía social

Proximamente dará inicio o programa formativo "Medrando Xuntas", promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e que xa vai pola súa sétima edición. O programa está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social e ten como finalidade promocionar o talento nestas organizacións, visibilizar as potencialidades da economía social para o seu desenvolvemento profesional e ofrecer un curso específico enfocado no apoderamento. O programa conta con dous itinerarios diferentes:
- Medrando Xuntas directivas, para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección (60 h., de marzo a xuño)
- M
edrando Xuntas socias, para socias e traballadoras (20 h., en abril). Ler máis
 




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO