Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 9 de febreiro de 2024 ]
 



O cooperativismo galego reúnese en Vigo para planificar o ano

O venres 2 de febreiro tivo lugar en Vigo a Asemblea de Planificación 2024 da Unión de Cooperativas Galegas, EspazoCoop, na que participou unha representación to tecido cooperativo da comunidade. Nesta Asemblea, que foi inaugurada por Javier Tourís Romero, Deputado de Acción Comunitaria e Equipamentos Públicos da Deputación de Pontevedra, presentouse o Plan operativo anual para este ano, coas principais liñas de actuación para o presente exercicio. Ler máis

 


Programa formativo`A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade´

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro e marzo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
  • Emprendemento cooperativo para a mocidade | 25 h. Teleformación | Do 14 ao 29 de febreiro 2024
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. Teleformación | Do 1 ao 17 de marzo 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. Teleformación | Do 18 de marzo ao 5 de abril 2024.
Actividades no marco dos programas da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e o programa Efeso (Cepes - FSE +). Ler máis

 


Programa Consolida+ | Consolidando Cooperativas
 

Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop ten por obxecto asesorar en procesos de consolidación e mellora a cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, contando cun fondo de 720 horas de asesoramento ata setembro de 2024.

Como parte deste Programa está previsto realizar 2 Encontros Temáticos, dentro de Consolida+, os días 20 e 24 de febreiro, xa que a experiencia nos procesos de acompañamento técnico precisa complementarse con intercambios entre cooperativas e outras persoas profesionais, para tratar asuntos de interese común e para compartir coñecemento, información, recursos e experiencia. A inscrición a para estes eventos está aberta:

  • Encontro, Axudas a Cooperativas 2024 | 20 de febreiro 2024 | Virtual
  • Encontro, Sectorial de Ensino | 24 de febreiro 2024 | Pereiro de Aguiar (Ourense)
Esta iniciativa está no marco do programa 2023-2024 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia). Ler máis


 


Oferta de contratación
Servizo de comunicación do proxecto EspazoCoop Emprende

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 21 de febreiro de 2024 ás 14 horas. Obxeto do contrato: servizo de realización, desenvolvemento e avaliación dunha campaña de comunicación para o proxecto “EspazoCoop Emprende. Servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa”. Ler máis


 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO