EspazoCoop está colaborando con DAVEIGA no seu Programa de Fomento do Desenvolvemento Rural Sustentable a través da Economía Social e a Innovación nos Centros de Ensino. Dito proxecto pretende promover a cultura emprendedora, a economía social, e a innovación no ámbito rural galego, destinando as súas actividades ao alumnado de centros de formación profesional, bacharelato e mestrados universitarios. Ler máis
Encontro coa veciñanza de Vedra para informar sobre a creación dunha Comunidade Enerxética rural
Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. A próxima semana terá lugar unha nova reunión das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.
Será no Concello de Vedra o xoves 7 de marzo ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural da Terceira Idade. É unha reunión aberta a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como parte integrante dos socios do proxecto. Ler máis