Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 31 de xaneiro de 2025 ]
 



Axudas do Plan Integral de Impulso á Economía Social 2025
 

A 3ª convocatoria de axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social (PERTE) é unha iniciativa do Ministerio de Trabajo y Economía Social que ten como obxectivo financiar proxectos en materia de economía social no ano 2025. Estas axudas fan parte, á súa vez, do PERTE da Economía Social e dos Coidados.

Consulta as bases reguladoras e o vídeo informativo do Ministerio para a nova convocatoria que está destinada a entidades da economía social, entre outras ás cooperativas, e ten como prazo de solicitudes ata o 12 de febreiro de 2025.

Saber máis


 
 
EspazoCoop formou a preto de 700 persoas o pasado ano 2024


A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop formou a preto de 700 persoas nas accións celebradas o pasado ano 2024. A súa programación formativa ofreceu 37 actividades entre cursos, charlas e roteiros, que acadaron valores de satisfacción óptimos.

A formación é un dos servizos de EspazoCoop centrada, fundamentalmente, en ofrecer contidos sobre as cooperativas e o cooperativismo, destinada para persoas que están pensando en emprender en cooperativa, para cooperativas xa creadas, para axentes de emprego e emprendemento, estudantes, e para calquera persoa interesada nas cooperativas a nivel particular ou profesional.

Saber máis


 

 
Programa formativo:
"A cooperativa, alternativa de emprego para a mocidade"

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Cooperativa,  alternativa de emprego para a mocidade galega” que se imparte nos meses de febreiro a abril de 2025 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

O primeiro dos cursos dá inicio o día 18 de febreiro, estando a inscrición xa aberta.

Estas actividades formativas contan co apoio da Rede Eusumo e do programa EFESO.

Saber máis



 

8º Premio Emprendemos
Fomentando o emprendemento cooperativo na escola

A Unión Española de Cooperativas de Ensino, UECoE, e Grupo Cooperativo Cajamar convocaron a oitava edición do Premio “Emprendemos. Fomento do emprendemento cooperativo na escola”, dirixido ao fomento da cultura emprendedora entre os escolares que estean a cursar 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.

Animamos ás cooperativas de ensino a participar nestes premios, poden inscribirse ata o 7 de febreiro e terán ata o 30 de abril para presentar os proxectos que concursen.

Con esta iniciativa ambas entidades queren contribuír a fomentar e compartir desde a escola os principios e valores que identifican o cooperativismo e a economía social, así como dar visibilidade e recoñecemento a proxectos que veñen desenvolvendo os centros educativos para impulsar a cultura emprendedora e a aptitute empresarial.


Saber máis


 

Consolidadas: boas prácticas de cooperativas, no marco do programa Consolida+

Presentamos o terceiro dos vídeos realizados no marco do programa CONSOLIDA+ de EspazoCoop, unha iniciativa que brindou servizos de acompañamento a 41 cooperativas na súa pasada edición, ofrecendo un asesoramento especializado en distintas áreas de xestión.

Falamos con Aventeira, un proxecto adicado á educación non formal e en valores, son unha escola de tempo libre e lecer que recibiron o pasado ano o Premio aos Valores Cooperativos por parte da Xunta de Galicia.

Vídeo CONSOLIDADAS | Aventeira S. Coop. Galega

Saber máis

 
 
Enxeñería Sen Fronteiras convoca praza de voluntariado internacional para persoas da economía social
 
Dende Enxeñería Sen Fronteiras convocan unha praza no seu Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2025 (PCR 2025) en Honduras, específica para persoas do sector da economía social.

Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoian no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colaboran. Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán en Honduras, na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento (manutención e gastos correntes van a cargo da persoa participante) para, á volta, contar co testemuño de primeira man das participantes, organizando actividades de sensibilización.

Consultas as bases aquí, o prazo de solicitude é ata o 16 de febreiro de 2025.

 


 
 
 
Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO