Anteproxecto da nova Lei de cooperativas de Galicia
Dende a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social chéganos a comunicación e información dos traballos que se están realizando para a elaboración da nova Lei de cooperativas de Galicia, indican que: a idea é facilitar o fortalecemento e modernización do cooperativismo galego no seu conxunto, pondo o foco na capacidade desta fórmula para seguir impulsando a creación de novas iniciativas en sectores clave para o territorio, proporcionándolles maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.
Remisión de suxestións e achegas ata o 29 de outubro de 2025.
Saber máis

Catálogo Coops Asesora
Coops Asesora é o Catálogo de cooperativas asesorías e consultoras de EspazoCoop. Entre as cooperativas de EspazoCoop destacan arredor de 30 do ámbito de asesorías e consultoras, organizadas nunha sectorial específica que aglutina e que exemplifica o dinamismo e a capacidade de adaptación do cooperativismo ante os desafíos sociais e económicos.
A xeración deste grupo de cooperativas específico, amosa como o modelo cooperativo xera rede, coñecemento mutuo e a creación de espazos de colaboración e cocreación.
Saber máis

Vídeo resumo e entrevistas do evento Transformando a Cidade dende o Cooperativismo no Concello de Santiago
A xornada “Transformando a cidade dende o Cooperativismo”, organizada por EspazoCoop e celebrada o 24 de setembro no Teatro Principal, reforzou o compromiso co cooperativismo do Concello de Santiago no Ano Internacional das Cooperativas 2025.
Presentamos o vídeo resumo e entrevistas do evento.
Ver vídeo

Webinario: O modelo da empresa cooperativa, en colaboración co Igape
O Igape en colaboración con EspazoCoop fomenta o cooperativismo e na súa programación de eventos da Oficina Económica de Galicia do mes de outubro organiza un webinario sobre cooperativas que será impartido pola Unión de Cooperativas.
A cita é o xoves, 23 de outubro, ás 13 horas, unha sesión en liña onde coñecerás as características das empresas cooperativas, as súas tipoloxías e a súa organización como fórmula para o emprendemento, a transformación empresarial ou o consumo colectivo.
Saber máis

Formación para persoas prescriptoras: axentes de emprendemento cooperativo
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do Proxecto ES-FACTORY, Programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027, ofrece para o mes de novembro un curso destinado a persoas prescriptoras de emprego e emprendemento en Galicia: “Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo”. Cunha duración de 40 h. será impartido en modalidade de teleformación do 4 ao 30 de novembro de 2025, con tres sesións virtuais de aprendizaxe.
Os principios e valores nos que se basea o cooperativismo e a economía social, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acadar unha mellor situación de acceso ao emprego.
Saber máis

O evento "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025", tratará a relevancia do cooperativismo no sector cultural
Con motivo do Ano Internacional das Cooperativas, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de AGADIC, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, EspazoCoop organiza un encontro do cooperativismo cultural, que se extende ata o 28 de novembro.
O programa comezará coa primeira xornada do 26 de novembro de 2025 na Sala Eisenman, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), ás 10.30h, cun encontro promovido por EspazoCoop en colaboración coa Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -COCETA-, para tratar a relevancia do cooperativismo no eido cultural e social para a dinamización do sector, na xornada denominada "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025".
A inscrición á mesma xa está aberta, reserva praza.
Saber máis

Palabras que transforman: oratorias e narrativas para o cambio. Do 21-23 novembro, Lugo
Dende Ecooo Energía Ciudadana S. Coop e o seu proxecto Guardabosques, chéganos esta proposta para os días 21, 22 e 23 de novembro, na Casa Souto (Ribeira Sacra, Lugo), onde celebran o curso "Palabras que transforman: oratorias e narrativas para o cambio", que impartirá José Vicente Barcia, experto en comunicación política. O ano pasado foi un auténtico éxito.
A comunicación é un recurso inherente ao cambio social, á creación de alianzas e á democratización da realidade. Neste curso mostraranse diferentes modos narrativos, distintas estruturas lóxicas e formas argumentativas.
Saber máis
