Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
[ 5 de Maio de 2023 ]
Entrevista a Maite Cancelo, autora do "Informe da Economía Social en Galicia"
Maite Cancelo, Directoria do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da Universidade de Santiago de Compostela, autora do Informe da Economía Social en Galicia 2021: "As fórmulas asociativas como EspazoCoop son importantes xa que atenden necesidades específicas e difunden os valores recollidos nos principios cooperativos". O Informe é un pormenorizado estudo no que analiza a situación deste modelo económico, expoñendo como se atopa na actualidade e atendendo ás especificidades do caso galego. Ler máis
[Pílula formativa] Xoves de Cooperativismo no Papagaio:
"Comunicación Comercial"
O 18 de maio nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
A Unión realiza a primeira Pílula Formativa sobre "Comunicación Comercial", unha actividade práctica, na que se traballará a comunicación comercial a través da ferramenta da Árbore Estratéxica. A actividade será impartida por Praxxis Inclusión s. coop. galega, con Laurent Ogel, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30. Asistencia gratuíta previa inscrición. Ler máis
Actividades en Sada para promover o cooperativismo
A Unión de Cooperativas pon en marcha actividades para informar sobre a creación de empresas cooperativas entre a cidadanía de Sada (A Coruña). Trátase de dúas accións, unha Xornada, o luns 8 de maio de 2023, e un Obradoiro de quince horas que se impartirá os días 10, 12 e 15 de maio no Salón de Plenos do Concello de Sada. Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña, destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo. Ler máis
El Camino ESS | Queres facer parte dun proxecto de turismo responsable?
REAS Galicia está traballando no proxecto de Turismo Responsable El Camino ESS e convida ás cooperativas socias de EspazoCoop a facer parte desta iniciativa, así como a outras organizacións e empresas do sector da economía social.
O proxecto aprobado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo con fondos Next Generation, busca contribuír ao desenvolvemento dun turismo máis sostible e responsable que poña no centro as persoas xerando impactos positivos no ámbito social, económico e ambiental nos territorios. Trátase de crear unha proposta turística formada por iniciativas da Economía Social e Solidaria, para elo teñen programadas unha serie de presentacións en maio: En Manzaneda (4 de maio en Amarelante s. coop. galega), Allariz (5 de maio en Ecoespazo O Rexo), Xove (15 de maio en O Lugar das Marías), Courel (18 de maio en A Casa das Tecedeiras) e Cesuras (22 de maio en Labrecos s. coop. galega). Confirmación de asistencia en: galicia@elcaminoess.com. Ler máis
Oferta de emprego de EspazoCoop: Coordinación de xerencia
A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberta unha oferta de emprego para incorporar a unha persoa no seu equipo, unha Coordinadora ou Coordinador de xerencia, para dirixir e coordinar as distintas áreas de actividade da organización. Ler máis
Cursos sobre medio ambiente e igualdade
Alalá s. coop. galega
Dende Alalá s. coop. galega, chéganos unha proposta formativa composta por dúas accións, unha sobre Sensibilización Ambiental e outra sobre Igualdade de Xénero. Os cursos de Alalá pódense facer através de Fundae, son entidade organizadora e impartidora de Formación Bonificada a Empresas e realizan as xestións da bonificación na Fundae. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
Asóciate! A Unión fai a forza
Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 240 empresas cooperativas.
Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|