Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 19 de abril de 2024 ]
 



EspazoCoop asiste ao Día Internacional do Emprendemento organizado pola Xunta

O 16 de abril foi o Día Internacional do Emprendemento, con tal motivo a Xunta de Galicia organizou un evento o mércores 17 de abril na Cidade da Cultura, no que se presentou ao novo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González. Foi un acto que aproveitou para poñer en valor a potencialidade da comunidade galega como rexión emprendedora, referirse á elaboración da Estratexia Galega Emprendedora e ao lanzamento do Mapa do Emprendemento, un recurso web que aglutina a entidades que acompañan ás persoas no emprendemento, como é o caso da Unión de Cooperativas EspazoCoop no sector cooperativo. Ler máis


 

 

Descobre con inicia.coop cal é o perfil para emprender en cooperativa

Inicia.coop é un recurso da Unión de Cooperativas EspazoCoop, unha ferramenta web accesible e sinxela, coa que se pode realizar un diagnóstico que che permita coñecer cal é o teu perfil emprendedor para formar unha cooperativa, de acordo coas túas respostas ás preguntas formuladas pola aplicación.

Como funciona inicia.coop? A través de varios formularios incluídos en 5 pasos, deberás respostar cuestións, co fin de mellorar o teu autocoñecemento e avaliar o teu potencial e perfil emprendedor para a empresa cooperativa. Ler máis

 


EL CAMINO ESS
Experiencias turísticas de economía social e solidaria en Galicia

Hai un ano presentábamos ás nosas asociadas o proxecto EL CAMINO ESS (O Camiño da Economía Social e Solidaria) coa intención de conectalo con cooperativas interesadas en participar nesta iniciativa de turismo alternativo e responsable, hoxe, podemos dicir que ofrece experiencias turísticas que impulsan e visibilizan proxectos de economía social e solidaria nos 5 territorios de EL CAMINO ESS: Cataluña, Aragón, Rioja, Castilla y León, e Galicia.

As experiencias en Galicia son varias, e destacamos que o sector cooperativo e algunhas das nosas socias están presentes nesta interesante iniciativa, as cooperativas: Milhulloa, Cuarzo Verde, Labrecos, Xeitura, Espaço Vivo, Das Aradas, 13 Grados, Ameixoeira ou A Talangreira do Beque. Ler máis


 




Novos encontros coa veciñanza en concellos galegos para abril e maio:
Como formar comunidades enerxéticas?

Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. Nos meses de abril e maio terán lugar novas reunións das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.

 
  • Concello de Monterroso | luns 29 de abril
  • Concello de Ourol | martes 30 de abril
  • Concello de Mazaricos | luns 6 de maio
  • Concello de Sober | luns 13 de maio
Son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto liderado pola Universidade de Vigo. Ler máis



 

Aberto o prazo para solicitar a participación na Feira do Mercado Social de Reas Galicia

REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), organiza o vindeiro 8 de xuño a Feira do Mercado Social no Concello de Cangas que terá lugar nos Xardíns do Sinal. Para solicitar a participación e contar cun posto na Feira faino neste enlace, con data límite de inscrición o 6 de maio de 2024.

A feira estará aberta ao público de 11.00 h a 20.00 h, e contará cos seguintes espazos:

Mostra de produtos e servizos de entidades. Por temáticas dirixidas aos seguintes sectores: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais; novas tecnoloxías.

Programación de actividades paralelas: Está previsto programar actividades de dous tipos: de dinamización (ocio e animación) e actividades de divulgación e información sobre ESS, favorecendo o coñecemento mutuo das participantes e a creación de sinerxías.


 
 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO