Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador |
|
|
:
|
BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
[ 19 de xullo de 2024 ]
EspazoCoop colabora un ano máis coa Xunta de Galicia no programa ES Mentoring
A Unión de Cooperativas EspazoCoop colabora un ano máis coa Consellería de Promoción de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia no programa ES Mentoring Acompañando á Economía Social, un servizo de acompañamento e asesoramento dirixido a empresas da economía social que comezou a súa andaina hai dous anos. Dito programa, executado por Agaca e EspazoCoop, logrou conformar unha rede de preto de 100 persoas mentoras que atenderon 60 mentorías. O programa aspira a consolidarse, aumentar a rede de mentoras e os recursos destinados ano a ano, polo que para este ano 2024 o servizo que realizará EspazoCoop para ES-Mentoring engloba novas liñas de traballo. Ler máis

Encontro coa veciñanza de Salvaterra de Miño para informar como crear unha comunidade enerxética
Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. A próxima semana terá lugar unha nova reunión para chegar aos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios. Será no Concello de Salvaterra de Miño o martes 23 de xullo ás 19.30 h., son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto que lidera a Universidade de Vigo. Ler máis

Volve o Roteiro Cooperativo de Santiago de Compostela
Volve o Roteiro Cooperativo de 2024, un xeito diferente de achegarse ás cooperativas de Santiago de Compostela, ao cooperativismo e a economía social. A terceira edición do Roteiro Cooperativo, iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, volve este ano con 4 edicións no mes de setembro. O aforo é limitado, as persoas interesadas xa poden realizar a inscrición previa. Ler máis
Formación Comercial: Coopera, Comunica e Vende
Reserva a túa praza, iniciará o 11 de setembro
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o curso de teleformación gratuíta Formación comercial: coopera, comunica e vende, de 25 horas de duración, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, do 11 ao 27 de setembro de 2024.
Que se acadará con esta formación? capacitación e mellora nas habilidades de xestión comercial das cooperativas, facilitarase a análise e coñecemento sobre a situación dos procesos e sistemas de comercialización das participantes na formación, coñecerán recursos e ferramentas que permitan melloras no sistema comercial, e se crearán redes de intercambio, coñecemento mutuo, e colaboración, no eido comercial. Ler máis
As escolas cooperativas da Unión teñen a inscrición aberta ao XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino UECoE
Do 23 ao 25 de outubro de 2024 Valéncia acollerá o XX Congreso Estatal das Cooperativas de Ensino baixo o lema “Educación e Arte: a arte de innovar, a arte de incluír”, organizado pola Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE) coa Unión de Cooperatives d’Ensenyament Valencianes (UCEV) como entidade coorganizadora.
Arte, innovación, inclusión son as palabras chave dun Congreso que se fará realidade colectivamente e onde se quere descubrir e explorar as potencialidades da relación entre a EDUCACIÓN e a ARTE.
Convidámosvos a facer este descubrimento desde a mirada e coa acción cooperativa. Porque é o Congreso do Cooperativismo Educativo e ofrece unha oportunidade inmellorable de reflexionar e construír xuntas e xuntos. Prazo de inscrición remata o 23 de setembro. Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
|
|
|
|
ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop
A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149
|
|