Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 8 de novembro de 2024 ]
 



EspazoCoop fomenta a economía social a través dunha Rede de persoas Mentoras

Esta semana, o día 6 de novembro celebrouse a xornada ES-MENTORING “Rede de Mentorías da Economía Social” que reuniu en Santiago a preto de 40 entidades da economía social.

A Xornada ES-Mentoring “Rede de Mentorías da Economía Social”, foi un encontro destinado a fortalecer a colaboración e o intercambio de experiencias no ámbito da economía social en Galicia. A xornada, organizada por EspazoCoop contou coa participación da Xunta de Galicia, e reuniu a mentoras e entidades mentorizadas do programa ES-Mentoring das edicións 2022 e 2023. Entre outros temas, presentouse o Catálogo de Mentoras. Ler máis

 

A xornada "As cooperativas, empresas sostibles" mostrará a aportación do cooperativismo á sostibilidade

EspazoCoop organiza en colaboración co Concello da Coruña a xornada As cooperativas, empresas sostibles, que se celebra o próximo 15 de novembro no Centro Ágora.

A xornada permitirá mostrar á cidadanía da cidade a acción realizada a favor do cooperativismo no concello durante este ano, e sobre todo, a sesión abordará de modo central a achega das cooperativas á sostibilidade, a integración nelas dos principios de sostibilidade, tanto a nivel de gobernanza como de autoxestión de actividades, que contribúen a unha maior calidade do ecosistema do Concello da Coruña. A través da participación de proxectos cooperativos como Alén, Aventeira, Ás do Social, Labrecos, Medatlantia, e Nakeep abordarase o programa da xornada. A inscrición ao encontro continúa aberta. Ler máis




EspazoCoop elabora un Estudo sobre as casas do maior, casas niño e vivendas colaborativas sénior

A Unión de Cooperativas EspazoCoop elaborou, en colaboración coa cooperativa Atoupa, S. Cop. Galega, un estudo diagnóstico sobre as casas do maior, as casas niño, e as vivendas colaborativas sénior, dentro da liña de acción para a consolidación do nexo entre a Economía dos Coidados e a Economía Social, cofinanciado pola convocatoria da Rede Eusumo e o Programa Interreg ES-Factory. Ler máis


 




Súmate á Campaña "As cooperativas de ensino con València"

A Unión Española de Cooperativas de Ensino – UECoE e as Cooperativas de Ensino ante a dramática situación social e económica derivada da DANA na provincia de València, comparten a súa preocupación e únense á onda de solidariedade que percorre o país promovendo a campaña “As Cooperativas de Ensino con València”, proxecto de axuda e colaboración coas Cooperativas de Ensino damnificadas pola DANA, uníndose así ás accións de solidariedade que está a emprender o cooperativismo valenciano. Ler máis


 




"Outonos Cooperativos", 15 e 19 de novembro en Rodeiro e Santiago

Os ‘Outonos Cooperativos’ son encontros inspiradores para visibilizar a fórmula e os valores cooperativos a través de experiencias reais de cooperativas asentadas no noso territorio. Esta iniciativa está promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e conta coa participación de entidades representativas das cooperativas galegas, como son Agaca e Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Os encontros desenvolveranse durante dúas xornadas, en horario de mañá. A primeira delas terá lugar na sede da cooperativa O Rodo de Rodeiro e a segunda na de Mercado de Abastos de Santiago. Ler máis


 




A cooperativa Flying Fun, academia de inglés, busca colaboradoras

Flying Fun S. Coop. Galega de Santiago de Compostela, busca persoas para colaborar na súa academia de inglés en momentos puntuais, persoas cun nivel alto de inglés (C1-C2) para ensinar o idioma a nenas e nenos. As persoas interesadas poden contactar con Flying Fun no seu correo electrónico, a cooperativa contestaralles con toda a información. Contacto aquí


 




♦ RESERVA a data ♦ 
11 de decembro 2024, Bergondo

Xornada " O cooperativismo como factor clave nos ODS"

EspazoCoop, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, organiza a xornada "O cooperativismo como factor clave nos ODS", que se celebrará no Pazo de Mariñán (Bergondo) o mércores 11 de decembro, en horario matinal.

O encontro, aberto a toda a cidadanía, achegaranos, dende unha visión práctica, aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e á Axenda 2030 que os enmarca, serverá para saber como identificalos e implantalos, porá en valor a súa proximidade aos principios e valores da economía cooperativa, e polo tanto, a contribución do cooperativismo á consecución dos mesmos.

A xornada está dentro do programa de actividades do convenio de colaboración 2024 coa Deputación da Coruña, a prol do fomento do cooperativismo na provincia.





Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO