O comité galego asiste ao Encontro en Valencia de representantes da economía social nos Consellos Económicos e Sociais de España e Europa. Como representante da economía social galega no CES Galicia, participa Mar Pernas, técnica e responsable de relacións intitucionais en EspazoCoop, titular no CES galego, que asiste ao encontro celebrado o 8 de abril de 2025.
O Presidente do CES de España, Antón Costas, interveu no Encontro de Representantes da Economía Social nos Consellos Económicos e Sociais de España e Europa cunha conferencia sobre "O papel dos CES no diálogo coa sociedade civil organizada".
Aberta a programación da formación especializada para cooperativas 2025
A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza o Programa de Formación Especializada de Cooperativas, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela no marco do convenio de colaboración para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo.
O programa ofrece 3 cursos, de carácter gratuíto, presenciais que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela os meses de maio e xuño de 2025:
- Xestión laboral e societaria en cooperativas | 13 de maio e 10 de xuño
- Marketing dixital para cooperativas | 20 e 27 de maio
- Intelixencia artificial e economía social | 3 de xuño
A Academia Factoría da Economía Social ofrece un curso para acelerar proxectos cooperativos
Academia Factoría da Economía Social é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop cuxa finalidade é fortalecer as habilidades das persoas emprendedoras no ámbito do cooperativismo e a economía social en Galicia, enmárcase na programación da Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e no programa europeo ES-Factory, a través da súa aceleradora de proxectos : EspazoCoop Impulsa.
A Academia conta cun módulo formativo en liña que se realiza do 23 de abril ao 23 de maio de 2025 en modalidade de teleformación, de 25 horas, que xa ten a súa inscrición aberta!.
Con esta formación adquirirán coñecementos en economía social básicos, para saber como emprender na economía social, coñecerán cales son as vías de financiamento ético e sostible para os proxectos empresariais, as axudas, os apoios, abordarán a xestión económica e financeira, traballarán habilidades comunicativas, de traballo en equipo e de liderado, e adquirirán competencias comerciais e de proxección para ampliar mercados.
Saber máis

Premios á Cooperación 2025
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mantén aberta a convocatoria dos Premios á Cooperación 2025. O propósito desta iniciativa é fomentar e divulgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega.
As entidades que poden participar nos premios á cooperación son as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo. Prazo de candidaturas: 30 de abril de 2025.
Saber máis
Programa de teleformación: Coopera Rural
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de abril, maio e xuño de 2025 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
- Emprendendo en cooperativa | Inicio 22 de abril
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Inicio 15 de maio.
- Desenvolvendo a idea cooperativa | Inicio 9 de xuño.
Estas actividades formativas contan co apoio da Rede Eusumo, e do programa EspazoCoop Emprende (Efeso).
Saber máis
Axudas