EspazoCoop participa na Semana Universitaria da Economía Social 2026
O Acto central da Semana Universitaria da Economía Social da USC, ao que asistiu EspazoCoop, é unha iniciativa que ten o propósito de sensibilizar á comunidade universitaria sobre a importancia de modelos económicos alternativos, destacando o cooperativismo e outras formas de economía social e solidaria, que busca promover o compromiso cun futuro máis sostible e xusto. A semana celébrase en máis de 40 países do estado e iberoamérica.
EspazoCoop participará na VII Semana Universitaria da ES das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, do 23 de febreiro ao 4 de marzo, difundindo o modelo cooperativo a través dun Roteiro Cooperativo e a Charla "E ti, coñeces a fórmula?".
Saber máis

Apúntate ao webinar "Plan de mellora" do programa Consolida+
O Programa Consolida+ da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da Rede Eusumo, é un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas que integran a base social da Unión.
As usuarias do Programa Consolida+ terán á súa disposición un ciclo de webinars para tratar aspectos de organización e xestión cooperativa co que complementarán o acompañamento que están recibindo.
O cooperativismo de ensino, nesta edición de Consolida+, será reforzado cun asesoramento sectorial especializado.
Consolida+ organiza tres encontros virtuais para os próximos meses. A inscrición xa está aberta:
- Plan de mellora | 12 de marzo 2026
- Regulamento de réxime interno | 16 de abril 2026
- Interpretar estados financeiros | 27 de maio 2026
Saber máis

Premios á Cooperación 2026
Lembrade a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convocou os Premios á Cooperación 2026. A convocatoria conta cun prazo de presentación de solicitudes aberto desde o 26 de xaneiro ata o 30 de abril de 2026.
A medida contribúe a visibilizar o papel do cooperativismo como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio contribuíndo a xerar actividade e a fixar poboación no rural.
Poderán concorrer todas as cooperativas galegas que destaquen pola súa traxectoria ou iniciativas, que estean ao día das súas obrigas e que non fosen recoñecidas en edicións anteriores. Igual que en anos previos —como o último, no que participaron 15 cooperativas—, establécense tres modalidades:
- Valores cooperativos
- Mellor proxecto cooperativo novo
- Traxectoria cooperativa
Saber máis

Axudas