Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 28 de febreiro de 2025 ]
 


 

EspazoCoop participa no lanzamento de Murcia como Capital Española da Economía Social 2025

Murcia será ao longo deste ano a Capital da Economía Social, converténdose nun referente a nivel estatal e internacional baixo o lema “O capital son as persoas”. O acto de lanzamento celebrouse na Universidade de Murcia e reuniu a máis de 500 persoas, incluíndo representantes das administracións públicas e das principais entidades do sector. O acto inaugural contou coa asistencia da vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.

Unha delegación de EspazoCoop estivo presente nesta cita, reafirmando o seu compromiso coa promoción do cooperativismo e da Economía Social.

Saber máis


EspazoCoop e Fiare Banca Ética renovan a súa colaboración para apoiar o cooperativismo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e Fiare Banca Ética renovan o convenio de colaboración que veñen mantendo dende hai cinco anos.  O convenio posibilitará o apoio financeiro ás cooperativas socias de EspazoCoop a través de produtos de finanzas éticas con condicións especiais.

As socias da Unión mediante a actualización deste acordo asinado o pasado 19 de febreiro, terán a posibilidade de acceder a financiamento adaptado ao sector cooperativo. A sinatura do convenio realizada en Santiago de Compostela entre o Director comercial e de estratexia de Fiare, Juan Garibi, e a Presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira Blanco, promoverá o uso de produtos e servizos con condicións especiais para as cooperativas da Unión: contas de crédito para pagos, anticipos de facturas e subvencións, préstamos para investimentos, ou préstamos hipotecarios.

Saber máis

 


 

Acelera o teu proxecto cooperativo con ES-Factory EspazoCoop - Impulsa!

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza un programa de aceleración dirixido a proxectos cooperativos e de economía social.

ES-Factory EspazoCoop – Impulsa componse de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.

O prazo para inscribirse no programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social finalizará o 27 de marzo de 2025.

Saber máis


Próximas charlas sobre emprendemento cooperativo en Ourense e Chantada 

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

A inscrición xa está aberta para as próximas sesións en Ourense o xoves 20 de marzo, nas instalacións da Confederación Empresarial de Ourense, e en Chantada o venres 21 de marzo na sede de Daveiga-Galletas Mariñeiras
.

Saber máis


 

Coñece ás novas cooperativas socias de EspazoCoop


Presentamos a un novo grupo de cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

Saber máis


 

Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).

 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO