Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 2 de Setembro de 2022 ]
 


 

Xornada: Fomento do Cooperativismo de Consumo
[ Xoves 22 de setembro, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela ]

A Xornada Fomento do Cooperativismo de Consumo é unha actividade realizada en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, no marco do convenio que mantén con EspazoCoop para o ano 2022. Celébrase o 22 de setembro de 10 a 14 h. no salón de actos de Cersia Empresa.
Divulgaremos as vantaxes da cooperativa, os novos modelos de cooperativismo de consumidoras e usuarias e as experiencias que nos ofrece a economía social para o consumo. Tamén queremos detectar iniciativas que poidan ser impulsadas ou consolidadas.
Acceso libre previa inscrición.
Ler máis




A Deputación da Coruña e EspazoCoop asinaron un convenio para fomentar o cooperativismo e a economía social

Ambas as dúas entidades asinaron un convenio de colaboración este verán co obxectivo de impulsar e visibilizar o traballo das cooperativas.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, Ana Olveira, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron o convenio de colaboración para fomentar o traballo e a función das cooperativas, ademais de promover a economía social. Ler máis.




Lanzamos 3 ofertas de contratación de servizos para EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza 3 ofertas de contratación para realizar varios servizos. As ofertas están destinadas ás cooperativas socias, que poderán candidatarse e presentar propostas para cada un dos servizos ata o 15 de setembro de 2022 ás 14 horas. Ler máis




Bono Consolida Economía Social 2022

Continúa aberta a convocatoria das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para a anualidade 2022. Poden ser beneficiarias desta convocatoria as sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades beneficiarias na anterior convocatoria 2021. Prazo: 30 de Setembro de 2022. Ler máis




Actividades formativas de EspazoCoop en Setembro                                      [Formación gratuíta de EspazoCoop, no marco da Rede Eusumo ]

En Setembro celebramos novos cursos en materia cooperativa, ofrecemos unha formación presencial na localidade de Boiro e dúas actividades de teleformación:

  • 13 – 16 Setembro 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | En Boiro
  • 14 – 30 Setembro 2022 | Lánzate a emprender en cooperativa | 20 h. | Tele-formación
  • 14 – 30 Setembro 2022 | Ideas cooperativas en acción | 20 h. | Tele-formación
Ler máis
 




Curso universitario en Xestión e Innovación Cultural                                             [A nosa socia, Ben Curiosa, coordinan esta proposta formativa que xa chega a súa 7ª edición]

Dende a cooperativa Almeiro (Ben Curiosa) chéganos información do Curso en Xestión e Innovación Cultural que convoca a USC e que inicia o 7 de outubro. Tendo en conta o amplo grupo de cooperativas do sector cultural asociadas a EspazoCoop podería resultar de interese para socias e traballadoras das mesmas, entre outras interesadas. Ler máis
 




Programa Muller 22: incentivos á contratación

Continúa aberta a convocatoria do novo programa Muller 22 co obxectivo de promover incentivos de 6.000 euros para a contratación inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades para acceder ou permanecer no mercado de traballo. As mulleres deberán ser desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación. As beneficiarias destas axudas son as persoas traballadoras autónomas, empresas, e entidades de economía social.

Informar que se publicou unha corrección de erros das Bases reguladoras destas axudas, que elimina das entidades que non poderán ser beneficiarias, as entidades sen ánimo de lucro, e que entendemos beneficiará ás cooperativas sen ánimo de lucro.
 Prazo: 30 de setembro 2022.
Ler máis





Participa no Estudo sobre Finanzas Éticas e súa relación coa economía social

Desde a Escola de Economía Social Andaluza están realizando un Estudo sobre as Finanzas Éticas e Alternativas e a súa vinculación coas empresas e organizacións de Economía Social. O estudo enmárcase nos proxectos Difusión e promoción da Economía Social desenvolvida pola Dirección Xeral de Economía Social do Goberno de España. Queren recoller diferentes perspectivas e invitan a colaborar ás cooperativas socias de EspazoCoop cumprimentando un cuestionario:  Acceso ao Formulario.




Asóciate! A Unión fai a forza

Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de máis de 235 empresas cooperativas.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis


 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlaceAxudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  


 




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 



 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10, Ent.A. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104, baixo, esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Taboada Leal 15, entreplanta. 36203|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO