Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 












 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 8 de maio de 2026 ]
                                                                         

A ministra Yolanda Díaz reuniuse con cooperativas galegas de coidados e vivenda nun acto organizado por EspazoCoop

No encontro participaron nove cooperativas de coidados, vivenda e intervención social coa Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e a Secretaria de Estado para a Economía Social

O encontro “Coidar, habitar, incluír” celebrouse o sábado 2 de maio no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio de A Coruña, nun acto organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop no que participaron a presidenta da entidade, Ana Olveira, e a Vicepresidenta Segunda do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, xunto coa Secretaria de Estado para a Economía Social.

O acto reuniu representantes de nove cooperativas galegas dos sectores dos coidados, a vivenda colaborativa e a intervención social, e confirmou a Galicia como territorio de referencia dun cooperativismo que dá resposta a necesidades esenciais das persoas.

Saber máis


 

EspazoCoop participará no xurado do Foro "Emprender con Impacto", da Rede de Aceleradoras ES-Factory

O próximo día 21 de maio, o Auditorio de In.Cubo transfórmase no “Palco dos Soños”. O evento marca o peche da actividade de In.Cubo no proxecto ES-Factory, unha iniciativa transfronteiriza que coloca o emprendemento cooperativo e de economía social no centro das decisións sobre o futuro da eurorexión Galicia e Norte de Portugal.

O evento denominado Foro de Financiamento “Emprender con Impacto”, está organizado por InCubo Alto Miño, estando destinado e orientado a cooperativas e proxectos de economía social acelerados na Rede de Aceleradoras ES-Factory, entre a que está a Aceleradora EspazoCoop-Impulsa da Unión.

Saber máis


Aprende a interpretar estados financeiros en cooperativas

Aínda hai prazas dispoñibles para o próximo webinar do 27 de maio de 2026: Interpretar estados financeiros en cooperativas.

Neste webinar aprenderás a interpretar os estados financeiros para ter unha base que permita contar con certa capacidade para avaliar a saúde económica da cooperativa, o uso dos seus recursos, detectar riscos e identificar oportunidades de mellora na xestión.

EspazoCoop con esta iniciativa quere proporcionar ferramentas que afortalen a transparencia e a confianza interna e externa da entidade, que apoien a toma de decisións responsables e sostibles.

Reserva a túa praza aquí

Os webinars realízanse no marco do programa Consolida+ da Unión de Cooperativas EspazoCoop, e da programación da Rede Eusumo, que é un servizo gratuíto de asesoramento en procesos de consolidación e mellora das cooperativas. 

Saber máis


EspazoCoop busca crear emprego emerxente con "Impulso", cooperativas para o emprendemento xuvenil

IMPULSO é un programa de fomento e dinamización para facilitar a creación de cooperativas na mocidade, mediante asesoramento e acompañamento a medida.

A iniciativa enmárcase na programación da Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e no proxecto ES-Factory, un programa europeo Poctep liderado pola Xunta de Galicia, na liña: pilotos de cooperativas de emprendemento para xerar emprego de calidade na economía social.

Saber máis


Cita coa Sectorial de Consultoras para intercooperar

EspazoCoop organiza un encontro da Sectorial de Asesorías e Consultoras para tratar temas de interese para as cooperativas socias deste sector. Abordaremos a participación no proceso de planificación estratéxica da Unión para o período 2026-2029, coñeceremos ás novas cooperativas da sectorial e idearemos propostas de acción para 2026.

O encontro finalizará cun pequeno foro de intercooperación entre as cooperativas asistentes.

A Unión facilitará o intercambio de información, a interacción para o mutuo coñecemento, o debate, e a participación. Vaise celebrar no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela o 29 de maio de 9.30 a 12 horas.

Neste formulario podes reservar a túa praza

Saber máis



 



Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 

 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO