Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 15 de marzo de 2024 ]
 



Arranca EspazoCoop Emprende, iniciativa para apoiar a creación de emprego formando cooperativas ata 2029

Este proxecto foi aprobado a principios deste ano por CEPES no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO) polo que a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop recibirá máis de medio millón de euros da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo+ no período 2023-2029, e do organismo intermedio CEPES. A Unión está desenvolvendo desde setembro de 2023 ESPAZOCOOP EMPRENDE- Servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa, unha iniciativa que ten como obxectivo a creación de novas empresas e empregos no cooperativismo, ademais de mellorar os servizos de apoio e acompañamento ás empresas cooperativas. Ler máis

 


Formación para mulleres interesadas no cooperativismo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberta as inscricións ao programa formativo “Muller, a cooperativa é para ti” que se impartirá a partir do 8 de abril de 2024 ofrecendo 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, realizados dende a Aula Virtual de EspazoCoop: Muller, lánzate a emprender en cooperativa, Habilidades para o traballo en equipo en cooperativas e Desenvolvendo a idea cooperativa.
A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. Ler máis



 

Formación continua e gratuíta de Coceta. Novos cursos de teleformación

Desde Tagen Ata e en colaboración con COCETA, a Confederación de cooperativas de traballo, presentan o comezo de novos cursos na modalidade de teleformación, 100% gratuítos para ti se traballas nunha cooperativa ou entidade de economía social. Tamén hai prazas para persoas en situación de desemprego.
Nos próximos días darán comezo os cursos (fai clic): Iniciación á cooperativa de traballo, Xestión de cooperativas e Réxime económico e fiscal. Son as últimas formacións desta convocatoria. Fórmate gratis e consegue o teu diploma acreditativo!, inicio o 19 e 20 de marzo de 2024. Ler máis





Encontros coa veciñanza de Silleda e Tomiño a última semana de marzo para informar da creación de Comunidades Enerxéticas

Os socios do proxecto europeo EC4RURAL continúan avanzando nas fases de traballo para dar forma ao Piloto Galego. A última semana de marzo terán lugar dúas novas reunións das que manterán cos 22 concellos galegos que formalizaron a súa colaboración e interese en promover a creación de comunidades enerxéticas rurais nos seus territorios.

Serán no Concello de Silleda o luns 25 de marzo e no Concello de Tomiño o martes 26 de marzo. Son reunións abertas a toda a veciñanza, na que a Unión de Cooperativas EspazoCoop participará como integrante do grupo de socios do proxecto liderado pola Universidade de Vigo. Ler máis



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO