Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 2 de Xuño de 2023 ]
 



EspazoCoop fará parte da executiva de Coceta, a organización representativa das cooperativas de traballo en España.


Coceta, que celebrou a súa Asemblea anual o 1 de xuño, escolleu o novo Consello reitor, liderado por Luis Miguel Jurado presidente de Coceta, estará por primeira vez unha representación galega, Claudia Rodríguez, Vogal do Consello de EspazoCoop, que foi elixida membro da executiva da organización representativa das cooperativas de traballo en España. Parabéns ao equipo do novo Consello, e moitos éxitos cooperativos. Ler máis
 


 




Bono Consolida Economía Social 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as subvencións para o apoio á consolidación de cooperativas e demais entidades da economía social de Galicia “Bono consolida economía social” para a anualidade 2023. A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das empresas deste sector e reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade. Procedemento de adxudicación: concorrencia non competitiva, prazo de solicitudes: 15 de setembro de 2023, ou ata esgotar crédito. Ler máis


 


Axudas e Apoios ao Cooperativismo
Xoves de cooperativismo [Pílula formativa]


O 8 de xuño nova cita dos "Xoves de Cooperativismo no Papagaio". Unha liña de acción que EspazoCoop realiza para dinamizar o cooperativismo en colaboración co Concello da Coruña.
Neste ocasión a Pílula Formativa tratará sobre "Axudas e Apoios ao Cooperativismo".
A actividade será impartida por 50pés Consultoras s. coop. galega, no Centro de Empresas Accede Papagaio, A Coruña, de 9.30 a 11.30, con opción de seguilo vía streaming. Asistencia gratuíta previa inscrición.
Ler máis


 




EspazoCoop escollerá o seu novo Consello na Asemblea de socias o próximo 14 de xuño


Celebramos a Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas EspazoCoop o mércores 14 de xuño ás 10.00 horas en Santiago. Como cada Asemblea, farase un repaso da “Xestión Social 2022”, aprobación das contas e distribución dos resultados económicos. Tamén se abordará o “Plan de Xestión 2023” e as cotas asociativas deste ano que serán presentadas para debate e aprobación.
Este ano destacamos que se abrirá a Asemblea co Proceso Electoral de elección do Consello reitor para o período 2023-2027. Neste sentido, poderanse recibir candidaturas das cooperativas socias para ser elixibles ata o 8 de xuño. Ler máis




Os Venres Cooperativos


A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, organiza do 2 ao 23 de xuño os “Venres Cooperativos”, catro xornadas de portas abertas que se desenvolverán na sede de diferentes cooperativas con motivo da celebración o vindeiro 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo. Poderase coñecer as experiencias das cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop: Casa do Maior, Xeitura, Milhulloa e A Factoría Atelier, ademais dos centros de traballo das cooperativas: Clun, Viña Costeira, Horsal e Aira. Ler máis



 



Cota cero en 2023
Asóciate! A Unión fai a forza


Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 247 empresas cooperativas. Durante 2023 as novas socias terán Cota Cero, polo que animamos a afiliarse a tódalas cooperativas galegas que non formen parte dunha asociación de cooperativas, e empezar a beneficiarse das vantaxes que esto implica.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO