Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 



 

 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 09 de Xuño de 2023 ]
 



Última chamada! | Chega xa a Asemblea 2023 de EspazoCoop o próximo 14 de xuño

Se queres coñecer os fitos e logros que arroxa a Memoria Social 2022, participar na aprobación das contas e a distribución dos resultados económicos, coñecer o Plan de Xestión deste ano e participar na súa aprobación, convidámoste a asistir á Asemblea 2023 da Unión de Cooperativas o próximo mércores 14 de xuño ás 10.00 horas en Santiago.
Ademais, se queres elixir o novo Consello reitor animámoste a asistir, porque este ano a Asemblea abrirá coa
 elección do Consello para o período 2023-2027.
Por último, despois da Asemblea celébranse actividades comúns coas organizacións do Foroesgal, unha mesa redonda sobre comunicación e mercadotecnia, un xantar, e un breve encontro sobre a intercooperación no acceso aos fondos europeos. Coñece o programa, inscríbete, e ven a compartir coas cooperativas e a economía social galega. 
Ler máis




Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, entre as mulleres líderes da economía social do Ministerio de Traballo

Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, foi designada como muller lideresa da economía social polo Ministerio de Traballo, a única representante galega. O 2 de xuño tivo lugar un encontro en Madrid das 26 mulleres que compoñen o grupo Mulleres Líderes da Economía Social. Este grupo foi creado polo Ministerio de Traballo e Economía Social co obxectivo de coñecer a importancia do papel da muller na economía social, entre as que se atopa a presidenta da Unión de Cooperativas, Ana Olveira, a representante galega deste grupo de 26 mulleres de 11 comunidades autónomas. Ler máis


 




Programa de axudas ES-Transforma en cooperativas e sociedades laborais

A Xunta de Galicia convoca o programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2023. Ten por fin apoiar á transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica. Prazo de solicitude: 15 de setembro de 2023. Ler máis


 


Cota cero en 2023
Asóciate! A Unión fai a forza


Queremos estimular entre as cooperativas galegas o interese por asociarse a EspazoCoop, por integrarse na asociación de cooperativas máis grande de Galicia en canto a número de socias, que actualmente conta cunha rede de 247 empresas cooperativas. Durante 2023 as novas socias terán Cota Cero, polo que animamos a afiliarse a tódalas cooperativas galegas que non formen parte dunha asociación de cooperativas, e empezar a beneficiarse das vantaxes que esto implica.

Asóciate! A Unión fai a forza quere contribuír a incrementar o nivel de afiliación das cooperativas galegas, e en todo caso aumentar a visibilidade e o coñecemento sobre o labor e a función da Unión no cooperativismo da comunidade. Ler máis




Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas.  As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).  




Licitacións 

Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).



 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO