Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 









 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 31 de outubro de 2025 ]
 
                                                                            
                                                   

Chega o Encontro do Cooperativismo Cultural en Galicia, que arrancará coa xornada "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025"

EspazoCoop promove para o mes de novembro un encontro do cooperativismo cultural do 26 ao 28 de novembro que reunirá a cooperativas de varios territorios. Realízase con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025 e a xornada de arranque conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través de AGADIC, e da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

O programa iniciará cunha xornada o 26 de novembro de 2025 na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), ás 10.30h, promovida por EspazoCoop en colaboración coa Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado -COCETA-, para tratar a relevancia do cooperativismo no eido cultural e social para a dinamización do sector, na xornada denominada "Cultura no Ano Internacional das Cooperativas 2025".  A inscrición á mesma xa está aberta.

Saber máis


Catálogo COOPS CULTURA

Entre as cooperativas de EspazoCoop destacan arredor de 70 do sector cultural, organizadas nunha sectorial específica que exemplifica o dinamismo e a capacidade de adaptación do cooperativismo ante os desafíos sociais e económicos. A maioría destas cooperativas naceron nos últimos 10 anos como resposta a unha profunda crise no sector e á precariedade laboral.

Este crecemento amosa como o modelo cooperativo ofrece solucións sostibles e democráticas para os profesionais da cultura, permitindo consolidar proxectos que combinan estabilidade laboral, xestión colectiva e un firme compromiso coa creación cultural galega e a preservación do seu patrimonio. Este catálogo pretende ser unha pequena xanela ao vibrante universo do cooperativismo cultural que alberga Galicia no seo de EspazoCoop.

Saber máis


 

EspazoCoop celebrará un Congreso para facer visible o potencial do ensino cooperativo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e a Asociación de Centros de Economía Social de Galicia co apoio da Rede Eusumo, celebran o vindeiro 15 de novembro o 4º CONGRESO GALEGO DE COOPERATIVAS DE ENSINO no Hotel Carlos I de Sanxenxo, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Este evento vai permitir analizar temáticas e procesos das cooperativas de ensino e centros de economía social de Galicia para desenvolver o potencial do ensino cooperativo galego.

Baixo o lema "As cooperativas de ensino axudamos a construír un mundo mellor", o Congreso de EspazoCoop busca reivindicar un modelo de ensino perante as Administracións competentes, as organizacións do sector do ensino, e ante a cidadanía, para visibilizar e dar a coñecer unha alternativa válida tanto a nivel empresarial e laboral como pedagóxico, baixo os principios do cooperativismo.

O seu programa comprende relatorios marco, grupos de traballo, stands, e un xantar de confraternidade e intercambio.

Saber máis


 


Vídeo do programa Consolida+, consolidando ás cooperativas

O programa de EspazoCoop Consolida+, consolidando ás cooperativas é un servizo de acompañamento e asesoramento que vén realizando a Unión para mellorar o sector cooperativo galego. Na súa última edición beneficiou a preto de 50 cooperativas, e contou co apoio da Rede Eusumo.


No marco deste programa EspazoCoop elaborou un vídeo spot para promocionar Consolida+ e pór en valor casos dos procesos de mellora polos que pasan cooperativas que solicitan os servizos. 

Ver vídeo



Ser Cooperativa: convivencia do cooperativismo galego no Courel

As cooperativas A Casa das Redes e Aventeira convidan a participar nun encontro de intercooperación os días 22 e 23 de novembro de 2025 no Xeocamping Montañas do Courel, en Ribas de Sil (Lugo), que actualmente xestiona Aventeira. Trátase dun espazo de convivencia e encontro entre cooperativas galegas que busca un tempo para coñecerse, compartir experiencias, colaborar e intercambiar coñecementos.

Está concibido para cooperativas do eido da Educación Non Formal, no terreo dos tempos libres, as aulas, a cultura ou o turismo.


Saber máis


ES-Factory Coop. Cooperativa de impulso ao emprendemento 

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) no marco do programa ES-Factory, do que fai parte EspazoCoop, lanza un programa de impulso e dinamización que facilitará a creación de cooperativas. Neste programa as persoas adquirirán competencias e habilidades de xestión empresarial en cooperativas a través de formación e acompañamento interim manager. 

A USC busca identificar ideas con potencial para crear cooperativas, seleccionar proxectos viables e sostibles, crear equipos multidisciplinares e dar apoio no lanzamento da entidade e na busca de financiamento.

Ampliación de prazo para realizar solicitudes ata o 17 de novembro de 2025.

Saber máis



 




Axudas


Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás súas bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
 



Licitacións
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).
 


 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|República do Salvador 3, 2º D. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO