A Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop, lanza esta semana a campaña “Xa somos máis de 600 coop. A Coruña, provincia cooperativa”, unha iniciativa desenvolta en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. A través desta campaña EspazoCoop quere poñer en valor o tecido socioeconómico da Coruña, provincia cun maior número de cooperativas das existentes en Galicia. En total, con máis de 600 cooperativas, a provincia da Coruña aglutina preto dun 40 % das 1.600 cooperativas actuais da comunidade. Ler máis
Na mañá de hoxe, Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra, e Ana Olveira Blanco, Presidenta de EspazoCoop, asinaron un protocolo de colaboración co obxectivo de promocionar o cooperativismo, a economía social e o fomento do emprendemento e a innovación social no municipio. Ler máis
O documento actualiza a información recollida no Libro Branco da Economía Social en Galicia e realiza unha fotografía do sector e a súa evolución nos últimos anos. Un sector que xera máis de 20.000 empregos, dos cales 7.917 pertencen a cooperativas. Ler máis. Informe aquí
Foto: Santi Alvite