Galicia será escenario dun Encontro de visibilización e intercooperación entre representantes do cooperativismo de traballo asociado, estatal e galego os días 7 e 8 de novembro, promovido por EspazoCoop.
A primeira actividade deste encontro será un acto aberto a todas as cooperativas que forman parte da Unión, unha etapa do Camiño francés a Santiago de Compostela con representantes de Coceta e EspazoCoop. Ao longo destes días terán lugar diferentes xuntanzas con Administracións Públicas xunto coa celebración dun Consello Reitor da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (Coceta), contando coa presenza de representantes políticos de todas as entidades representativas do cooperativismo de traballo asociado do estado. Ler máis