Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 10 de Novembro de 2023 ]
 



RESERVA A DATA!
 
1 de Decembro >> Encontro no Culturgal
4 de Decembro >> Xornada de Resultados ES Mentoring
13 de Decembro >> Xornada Técnica e Institucional de EspazoCoop


Para o próximo mes de Decembro a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop prepara tres eventos de interese para as cooperativas socias e público interesado.

[Venres 1 de Decembro, Pontevedra] Encontro aberto no Culturgal da Sectorial de Cultura de EspazoCoop e de empresas de economía social coa participación dun representante da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para tratar a situación actual do sector e será a media mañá. Realízase no marco da Feira das Industrias Culturais, que se celebra en Pontevedra do 1 ao 3 de decembro. A Xunta contará en Culturgal co Stand da Economía Social no que participarán cooperativas socias.

[Luns 4 de Decembro, Santiago] Xornada de resultados do programa ES Mentoring, edición 2023. O programa ES Mentoring acompañando á economía social presentará en Santiago os resultados desta edición, nunha xornada que servirá para reunir a Mentoras e Mentorinzadas e para tratar e intercambiar sobre os principais temas do programa de mentoring. Tamén participarán representantes da Xunta de Galicia, e das organizacións que implementan o programa, Agaca e EspazoCoop.

[Mércores 13 Decembro, Pazo de Mariñán, Bergondo] Xornada técnica e institucional de EspazoCoop, na que se organizarán dúas mesas temáticas, unha primeira mesa sobre Fiscalidade e Laboral, aspectos de interese que afectan ás cooperativas, e unha segunda mesa para tratar a Compra Pública Responsable e as Boas Prácticas. A Xornada contará coa participación de representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, e de Administracións Públicas, e quere contar con presenza de colexios profesionais de xestores, asesores, economistas, cooperativas da marca ExperCoop e da Sectorial de cultura de EspazoCoop.
 


Os 28 convenios asinados por EspazoCoop permiten promocionar o cooperativismo en colaboración con entidades e axentes sociais

A través de POISES, o Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo e convocado por Cepes, EspazoCoop asinou nos últimos tres anos un total de 28 convenios de colaboración para promocionar o cooperativismo e a economía social na comunidade galega. Grazas a estas alianzas establecidas con diversos colectivos, entidades públicas, centros de ensino, concellos, colexios profesionais, asociacións de diversidade funcional, de vivenda, finanzas éticas ou fundacións, a Unión ofreceu servizos e actividades sobre emprendemento cooperativo e creación de emprego en réxime cooperativo e xerou relacións de intercambio cos axentes sociais. Ler máis


 


Curso: Xestión Societaria e Laboral nas Cooperativas
 
A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra varias actividades de carácter gratuíto incluídas no seu "Programa Especializado de Formación Xerencial" que na edición de 2023 realízase en colaboración co Concello da Coruña. Para o mes de novembro ten previsto un Curso que se desenvolve en modalidade presencial na Coruña. Trátase de formación impartida por profesionais do sector cooperativo de Galicia, neste caso será dinamizada por Xedega s. coop. galega que conta con máis de 25 anos de experiencia no ámbito cooperativo. O Curso que se celebrarará denomínase: "Xestión societaria e laboral nas cooperativas" | 21 e 28 novembro 2023, 10 horas. Ler máis


 


Xornada Comunidades Enerxéticas no mundo Rural:
Retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores

 
 
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, como socia do consorcio de entidades do proxecto europeo EC4Rural, anima a participar na xornada de formación do 23 de novembro, organizada polo Observatorio Eólico de Galicia na Universidade de Vigo, titulada: "Comunidades Enerxéticas no mundo Rural: Retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores", que busca avanzar no impulso das comunidades enerxéticas en Galicia baixo modelos de organización cooperativos. A inscrición á xornada está aberta para aquelas organizacións, entidades, e persoas interesadas. Ler máis.


 



3ª edición de C2C Conversacións
Aprendizaxe e Intercambio de Promotoras/es da Economía Social e Solidaria (ESS)

 

EspazoCoop asistirá a C2C, un Encontro de Aprendizaxe e Intercambio de Promotores/as da ESS organizado por REAS, a Rede estatal de Economía Social e Solidaria. Celebrarase os días 23 e 24 de novembro en Bilbao. Ler máis


 
 



Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 

 

 
Licitacións Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO