25 novas cooperativas en Galicia e 62 postos de traballo creados grazas ao programa +COOP de EspazoCoop
Os resultados deste programa foron presentados hoxe nunha xornada celebrada en Silleda que contou coa presenza de Farrah Lisa Meghazi, Subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia. O programa +COOP de EspazoCoop, é un proxecto que nace como soporte á creación de cooperativas e que ten o obxectivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía que quere crear empresas cooperativas e acceder con elo ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo. Enmárcase na programación da Rede Eusumo. Ler máis
Xuntanza entre EspazoCoop e o Concello da Coruña
O xoves 13 de xullo tivo lugar unha xuntanza de traballo entre EspazoCoop e o Concello da Coruña no que participaron representantes da Unión con Juan Ignacio Borrego, Concelleiro de Emprego e Educación e Belén Gil Alvariño, xefa do Departamento de Promoción Económica e Comercio do Concello da Coruña. Con motivo das eleccións municipais celebradas no mes de maio e os cambios acontecidos en varias das Concellerías, desde EspazoCoop solicitouse este encontro para fixar a continuidade dos acordos de colaboración entre as dúas institucións e abrir a porta a novas contribucións que permitan fomentar o cooperativismo na cidade. Ler máis
Xornada de Presentación ES-Mentoring - 18 de xullo
[Acompañando á economía social, 2ª edición]
ES-MENTORING é un programa de acompañamento e asesoramento que se dirixe ás empresas da economía social que teñen necesidade de apoio nalgunha área ou tema específico e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte doutras persoas expertas e empresas da economía social xa consolidadas e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade. A Xornada de Presentación celébrase o 18 de xullo en Santiago, convidámoste a participar nela, abordará cuestións interesantes con persoas expertas no acompañamento a empresas da economía social. Ler máis
Rexístrate para ser beneficiaria do programa ES-Mentoring
ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade - Xunta de Galicia, co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas. O programa diríxese a aquelas empresas e organizacións que teñan unha necesidade específica, que están nun momento de crise, un proceso de cambio, transformación, innovación, etc, e están interesadas en recibir orientación e asesoramento sobre como enfocar a situación. Nesta edición 2023 hai 40 prazas e os servizos son gratuítos, sen custo para a empresa mentorizada. Ler máis
Curso en liña: Desenvolvendo a Idea Cooperativa
A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un curso para coñecer que debemos analizar e ter en conta á hora de facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. A formación realízase en modalidade de teleformación, ten carácter gratuíto e está no marco do itinerario formativo "A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega". Ler máis
Axudas
Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).
Licitacións
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).