Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZO COOP
 
[ 19 de xaneiro de 2024 ]
 



A Asemblea de Planificación 2024 de EspazoCoop celébrase en Vigo o vindeiro 2 de febreiro

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra unha Asemblea extraordinaria co obxetivo de incorporar a visión e as propostas das cooperativas socias na definición do Plan Operativo Anual 2024 da Unión, e presentar a proposta do Sistema Organizativo da estrutura técnica.

Será na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no Casco Vello da cidade, ás 15.30 en primeira convocatoria e ás 16 horas en segunda. A finalización da sesión está prevista para ás 18 horas. Ler máis

 


Entrevista Lucía Mendoza, Directora Xerente de EspazoCoop: "Queremos optimizar tódolos recursos existentes e poñelos ao servizo dos fins sociais e das cooperativas socias"

Lucía Mendoza incorporouse a EspazoCoop como Directora Xerente no pasado mes de xullo, Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e cun Master en Xestión de Proxectos do Medio e Responsabilidade Social Empresarial, leva máis de dez anos traballando no eido da Economía Social. Ler máis


 


Resultados do Balance Social 2023 de EspazoCoop realizado na campaña de REAS
 
O EspazoCoop pertence á Rede estatal de Economía Alternativa e Solidaria, organización que aglutina a un sector que destaca polo seu bo facer empresarial. Cada ano REAS pon en marcha unha Campaña e as ferramentas para elaborar a Auditoría Balance Social das entidades e empresas da ESS. Aproveitando este marco a Unión de Cooperativas participa nesta campaña para dar conta do seu impacto nos ámbitos social, ambiental e de bo goberno. Xa están dispoñibles os últimos informes e resultados. Ler máis


 



En EspazCoop buscamos unha persoa para unha Bolsa Feuga
 
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop oferta unha Bolsa FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega), para realizar prácticas en procesos de xustificación de programas e proxectos de EspazoCoop que executa para distintas administracións públicas. A incorporación á Unión está prevista a partir do 1 de febreiro de 2024. Ler máis


 


Xornada o 6 de febreiro na Fegamp, EC4Rural en conexión co territorio: sinerxías cos Grupos de Desenvolvemento Rural

O martes 6 de febreiro os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia danse cita na sede da FEGAMP para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto EC4RURAL; afondar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participacion rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas; coñecer iniciativas que se están a promover e desenvolver; e debater sobre as sinerxías que se poden xerar entre o labor dos GDR e EC4RURAL.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop participará no programa desta sesión para os GDR, faino en calidade de socia do proxecto EC4RURAL liderado pola Universidade de Vigo e que busca o impulso das comunidades enerxéticas en 22 concellos de Galicia. Ler máis

 


Axudas 

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas. 
As asociadas podedes consultar diversas referencias de Axudas e acceder ás bases neste  enlace: Axudas (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha). 


 

 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Travesía de San José 10. Entreplanta dereita. 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO