EspazoCoop participa na Asemblea Xeral da ACI en Manchester, no marco do Ano Internacional das Cooperativas 2025
Este 2 de xullo de 2025, a Alianza Cooperativa Internacional iniciou en Manchester unha Asemblea Xeral histórica, coa participación de EspazoCoop como representante do cooperativismo galego. O evento célébrase en pleno Ano Internacional das Cooperativas e na conmemoración dos 130 anos da ACI.
A Alianza Cooperativa Internacional (ACI) iniciou oficialmente a súa Asemblea Xeral en Manchester, Reino Unido, no marco do segundo Ano Internacional das Cooperativas proclamado polas Nacións Unidas e a celebración dos 130 anos de historia da ACI.
Saber máis
Día Internacional das Cooperativas nun crecente protagonismo mundial
Mensaxe do presidente da ACI, Ariel Guarco para o 103º Día Internacional das Cooperativas, e tema elixido para a súa celebración este 2025: "Promover solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor".
Saber máis

Tres cooperativas socias de EspazoCoop recoñecidas nos premios do Día do Cooperativismo
A edición deste ano do Día do Cooperativismo deixou unha excelente pegada para tecido societario de EspazoCoop, cunha representación destacada de cooperativas vinculadas á nosa unión. Tres proxectos foron galardoados en diferentes modalidades, demostrando a diversidade e fortaleza das socias de EspazoCoop na nosa comunidade.
- Illa Bufarda: Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
- Rexenerando: Premio ao valores cooperativos.
- Colexio Mendiño: Accésit en proxectos empresariais cooperativos.
Saber máis

EspazoCoop celebrará a xornada de peche do programa +COOP: CREAMOS COOPERATIVAS
A Unión de Cooperativas que impulsa o programa +COOP en colaboración coa Rede Eusumo, Cepes e o FSE, co fin de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder ao emprego, celebrará a súa xornada de peche o vindeiro 8 de xullo en Vigo.
Para presentar resultados, experiencias reais de cooperativas creadas, recursos, axudas ao emprendemento cooperativo, e facer rede, EspazoCoop convida ás persoas e entidades interesadas a asistir a esta xornada previa inscrición.
O encontro realizarase a partir das 10 h. na cooperativa Magia en la Manga na rúa Ferrería 11 no Casco Vello de Vigo.
Saber máis

Ames acollerá a próxima charla sobre emprendemento cooperativo
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. A actividade divulgativa que propón EspazoCoop consta dunha exposión divulgativa e da participación de experiencias reais de cooperativas en funcionamento.
A próxima cita será o 11 de xullo no Espazo A Proa de Ames, intervirá Rosa Álvarez, Técnica de EspazoCoop, e unha socia dunha cooperativa da contorna, prégase realizar a inscrición previa.
Saber máis
