Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 






 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 31 de maio de 2024 ]
 



EspazoCoop impulsa o emprendemento cooperativo a través de «EspazoCoop Emprende» 

O 29 de maio en Santiago de Compostela celebrouse o acto de presentación de EspazoCoop Emprende, unha iniciativa destinada a fomentar o emprendemento cooperativo en Galicia desenvolta pola Unión de Cooperativas de Galicia, EspazoCoop. O evento,contou coa participación de Pablo Fernández López, Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Migración e Isabel Rueda Cuerva, Coordinadora da Área de Fondos Comunitarios de CEPES, reuniu a cooperativas, representantes de polos de emprendemento, viveiros de empresas e emprendedores, co obxectivo de fortalecer o tecido cooperativo na rexión. Ler máis




O programa de teleformación "Coopera Rural" dará a coñecer os aspectos básicos para por en marcha proxectos no rural baixo un modelo de empresa cooperativo

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de xuño e xullo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop:

  • Emprendemento en cooperativa | 25 h. | Do 3 ao 18 de xuño 2024
  • Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. | Do 19 de xuño ao 7 de xullo 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Do 9 ao 24 de xullo 2024. Ler máis

 



Formación para dirixir cooperativas | Inicio 10 de xuño

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o curso Formación para cadros directivos de cooperativas, que busca mellorar a función directiva das persoas que xestionan cooperativas. É un curso gratuíto de 25 horas en modalidade de teleformación, impartido dende a Aula Virtual de EspazoCoop, celébrase do 10 ao 26 de xuño de 2024, e trátase dunha actividade no marco da Rede Eusumo e do programa Éfeso.

É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes. Ler máis


 



VI Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas transformadoras da provincia da Coruña

Convocáronse os VI Premios a Iniciativas Transformadoras da Provincia de A Coruña, a iniciativa da Deputación da Coruña que premia a innovación, a calidade e o compromiso empresarial.

Os proxectos gañadores de cada categoría recibirán un premio de 18.000 euros. Categorías:

- Mellor Iniciativa Transformadora Nova:  para proxectos nados nos anos 2023 ou 2024.
- Mellor Iniciativa Transformadora Consolidada: para aqueles proxectos que xa teñen construído un legado e unha traxectoria ao longo do tempo (antes de 2019).
- Mellor Iniciativa Verde: para proxectos relacionados co medio ambiente e a sostibilidade.
- Proposta do Xurado: para proxectos que deixan unha pegada positiva nas zonas rurais.

Prazo 18 de xuño de 2024 ás 14 h. 
Ler máis



 




A Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo acolle acolle a sesión informativa "E ti, Coñeces a Fórmula Cooperativa?"

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego colectivo. A través do Programa de Sensibilización do Emprendemento Cooperativo de EspazoCoop achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo a nivel laboral. Así, o martes 4 de xuño nao Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) do Concello de Vigo realízase unha sesión informativa de 10.00 a 13.00 h. aberta a todo o público interesado. Ler máis



 


Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).

 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO