Presentamos o noso Balance Social:
o valor do impacto social
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é membro da Rede estatal de Economía Alternativa e Solidaria e cada ano REAS pon en marcha unha Campaña e as ferramentas para elaborar a Auditoría Balance Social das entidades e empresas da ESS. Aproveitando este marco a Unión de Cooperativas participa nesta campaña para dar conta do seu impacto nos ámbitos social, ambiental e de bo goberno, como un modo de practicar a transparencia e realizar boas prácticas, que falen de como mellorar.
O Balance Social é a carta de presentación das empresas e entidades que forman a Economía Social e Solidaria. Avalía de forma sistemática, obxectiva e periódica os principios da Economía Social e Solidaria como a equidade, o traballo de calidade, a sustentabilidade ambiental, a cooperación, a ausencia de ánimo de lucro e o compromiso coa contorna.
Saber máis

O programa "Muller: A cooperativa é para ti" inicia en febreiro
Aínda quedan prazas dispoñibles no programa formativo: “Muller, a cooperativa é para ti” que se impartirá nos meses de febreiro a abril de 2026. Ofrece 3 cursos de teleformación, gratuítos, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop. O primeiro dos cursos inicia o 3 de febreiro.
A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. É un modelo empresarial que promove a igualdade, xa que son empresas de base democrática e participativa, e se constata con estudos e datos que arroxan que máis do 50% dos cadros de persoal das cooperativas de traballo son mulleres e máis do 50% das socias que participan nos órganos de xestión da empresa tamén son mulleres.
Saber máis

+COOP: forma a túa cooperativa con EspazoCoop
+COOP é o programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop para asesorar e acompañar a persoas que promoven empresas cooperativas. Faino de xeito gratuíto en toda Galicia, e enmárcase na programación 2025-2026 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e no programa Efeso, EspazoCoop Emprende, (FSE Plus).
As persoas promotoras de ideas de negocio en ámbitos das economías emerxentes, susceptibles de ser organizadas baixo a fórmula cooperativa, poden atopar neste servizo un apoio esencial.
Subliñar que EspazoCooop é entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas sendo un dos puntos aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo.
A Unión ten aberto +COOP ata setembro de 2026.
Saber máis

Programa formativo FORMACOOP
A Unión de Cooperativas EspazoCoop mantén aberta a convocatoria do Programa de formación en xestión: FORMACOOP que se celebrará nos meses de febreiro a maio de 2026 ofrecendo 4 cursos especializados de teleformación, gratuítos, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop.
O programa créase como unha iniciativa integral para mellorar as competencias e o desempeño profesional en xestión cooperativa nos ámbitos económico, comercial, societario, e de planificación estratéxica de empresas cooperativas.
Saber máis

Ampliado! o prazo para inscribirse ao curso sobre Comunidades Enerxéticas Renovables
Formación especializada para liderar a transición enerxética!
O curso “Impulsar e Xestionar Comunidades Enerxéticas Renovábeis” é un título oficial de posgrao da Universidade de Vigo, dispoñible como microcredencial (MCU) a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP), recoñecido e avalado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (MCIU) de España e a Unión Europea.
Este título ofrece formación especializada orientada á capacitación de persoal para acompañar e dinamizar a creación e desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas Renovábeis (CER), con especial foco no ámbito rural, e en modelos de organización cooperativos e da economía social.
O curso destaca pola súa orientación multidisciplinar e comunitaria, promovendo a participación da cidadanía e das entidades locais na transición enerxética sostible. O seu programa permite adquirir as competencias necesarias para xestionar de forma completa unha Comunidade Enerxética Renovable.
Ten unha duración de 83.2 h. e representa 3 créditos. O prazo de pre-inscrición estará aberto ata o 27 de xaneiro 2026.
Saber máis

Axudas