Ven participar nos grupos de discusión abertos á base social de EspazoCoop
En EspazoCoop abrimos un novo proceso de planificación estratéxica para o período 2026-2029. Poñemos en marcha consultas e espazos de reflexión para recoller aquelo que nutrirá a estratexia, e a elaboración dun plan que marcará o rumbo a seguir ata 2029.
A vosa voz é fundamental, por elo, queremos convidarvos a participar nas accións que estamos a organizar para que vos sumedes a elas. Serán accións coas cooperativas, o consello reitor, o equipo técnico e axentes clave, que inclúen enquisas, entrevistas, e grupos focais (sesións presenciais de análise, discusión e reflexión).
Así, o vindeiro venres 27 de febreiro organizamos 2 grupos de discusión con cooperativas socias, como parte da fase de identificación de novas necesidades e retos. O primeiro dos grupos de 12-14 h. e o segundo de 16-18 h., en Santiago de Compostela.
Animámosvos a participar e inscribirvos nos grupos de discusión abertos á base social, xa que esta reflexión non tería sentido sen a vosa achega e colaboración.
Saber máis

Invitación a formar parte do directorio transfronteirizo de apoio á economía social
Desde o proxecto ES-Factory estamos a impulsar un directorio transfronteirizo de axentes de apoio á Economía Social, un directorio público e verificado de asesorías, xestorías e axentes intermedios que prestan servizos de apoio á xestión diaria de entidades de economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións e fundacións con actividade económica, etc.).
Convidámoste a formar parte deste directorio cumprimentando un formulario de alta.
Saber máis

Contratación dun servizo de deseño e implementación de procesos de mellora en cooperativas de ensino
EspazoCoop convoca un concurso público baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a realización dun servizo de deseño e implantación de 3 procesos de mellora nas áreas produtiva, organizativa, comercial e económico-financeira, noutras tantas cooperativas de ensino asociadas a Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do proxecto CONSOLIDA+ 2026, aprobado dentro da programación de actividades da Rede Eusumo para o período 2025-2026.
Prazo: 12 de febreiro ás 14 h.
Saber máis

REAS Galicia presenta os resultados da Auditoría Social e lanza unha web para visibilizar a economía social e solidaria en Galicia
REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne persoas e proxectos comprometidos cunha economía máis xusta, solidaria e sustentable e que, na actualidade, conta con 35 entidades socias, é unha rede da fai parte EspazoCoop.
Coincidindo coa posta en marcha dun novo proxecto, REAS Galicia abre tamén unha nova páxina web, que recolle toda a información vinculada á Auditoría Social, aos resultados da súa campaña en Galicia e ás accións que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.
REAS Galicia vén de lanzar o proxecto Recoñece a ESS, Avanzando na axenda 2030 a través da auditoría social, unha iniciativa financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 que ten como obxectivo reforzar o recoñecemento da Economía Social e Solidaria (ESS).
Saber máis

Programa de teleformación
"Muller: A cooperativa é para ti"
O programa formativo: “Muller, a cooperativa é para ti” que se imparte nos meses de febreiro a abril de 2026, ofrece 3 cursos de teleformación, gratuítos, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop. Iniciado o primeiro dos cursos aínda quedan prazas dispoñibles nos seguintes:
- Muller, lánzate a emprender en cooperativa
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
- Desenvolvendo a idea cooperativa
O segundo curso inicia o 24 de febreiro.
A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional. É un modelo empresarial que promove a igualdade, xa que son empresas de base democrática e participativa, e se constata con estudos e datos que arroxan que máis do 50% dos cadros de persoal das cooperativas de traballo son mulleres e máis do 50% das socias que participan nos órganos de xestión da empresa tamén son mulleres.
Saber máis

Axudas