Ten problemas para ver este correo electrónico? Ver no seu explorador
cabecera
 







 
 

BOLETÍN DA UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
 
[ 11 de outubro de 2024 ]
 


 

EspazoCoop participará no acto de presentación de "2025, Ano Internacional das Cooperativas" no Congreso dos Deputados

O vindeiro luns 14 de outubro celebrase o acto de presentación do "2025, Ano Internacional das Cooperativas" e a lectura do manifesto "As cooperativas constrúen un mundo mellor", será ás 11 h. na Sala Clara Campoamor do Congreso dos Deputados en Madrid.

Nesta presentación intervirá Claudia Rodríguez en representación da Confederación de cooperativas de traballo asociado, COCETA. Claudia Rodríguez, vogal do consello reitor da Unión de Cooperativas EspazoCoop, é membro da executiva de Coceta. Ao acto tamén asistirán Ana Olveira Blanco, presidenta de EspazoCoop, e Celso Gándara, membro do consello reitor da Unión. Ler máis
 



 


Convite: Stand da Economía Social Galega no Culturgal 2024

Achegamos o convite da Xunta ás entidades culturais da economía social e as cooperativas para participar un ano máis no stand colectivo da Culturgal. A Feira das Industrias Culturais de Galicia celébrase do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2024 en Pontevedra. Prazo de solicitudes para participar no Stand ou na Programación de actividades da Feira, ata ás 14 h. do 17 de outubro de 2024. Ler máis


 

Últimos días! para solicitar "Talendo Cooperativo"
Consolídate e mellora a túa entidade de economía social

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop anima ás socias a solicitar a súa participación participar no programa Talento Cooperativo, destinada a cooperativas e entidades da ES con necesidades de perfís profesionais en postos de xerencia e dirección. É un programa de consolidación e formación para a mellora no funcionamento das cooperativas e entidades de economía social.

Talento Cooperativo ten como obxectivo apoiar ás entidades participantes, mediante a facilitación de recursos humanos formados en xestión empresarial e con coñecementos específicos sobre cooperativas e outras fórmulas da economía social de cara a fortalecer as súas competencias en xestión empresarial ao tempo que se achega unha alternativa de remuda xeracional para as empresas beneficiarias. Prazo de solicitude: 16 de outubro 2024.
Ler máis


 




EspazoCoop participa no webinar "Mulleres Líderes" da Alianza Cooperativa Internacional

O Comité de Igualdade de Xénero da Alianza Cooperativa Internacional (ACI), organiza un webinar sobre Mulleres Líderes o 22 de outubro, no que participará a presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira.

Compartiranse historias de mulleres líderes no sector cooperativo de diferentes rexións do mundo. Contarase coa participación de tres mulleres que contarán as súas historias, aprendizaxes e miradas a futuro: María Eugenia Pérez Zea (América), Ana Olveira Blanco (Europa) e Miho Takaura (Asia).
Durante o webinar haberá tradución inglés-español. A inscrición ao evento está aberta. Ler máis


 




En outubro chega o Roteiro Cooperativo da Coruña

En outubro chega o Roteiro Cooperativo da Coruña, unha maneira lúdica de coñecer ás cooperativas do concello e descubrir o cooperativismo e a economía social. É unha iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña, e arranca a súa primeira edición este ano na cidade con dúas datas os días 29 e 30 de outubro para visitar a 3 cooperativas: Tako Group, Hábitat Social e Alén. Ler máis


 




Chamada! á identificación de oportunidades de negocio na economía prateada do Proxecto ES Factory

Lanzamos unha chamada á identificación de oportunidades de negocio do sector da economía prateada do Proxecto ES Factory, liderado pola Xunta de Galicia e do que fai parte EspazoCoop.

Dentro da acción A1.- Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo, e en colaboración co socio luso TECMINHO, realizamos esta chamada á identificación de oportunidades de negocio no sector da economía prateada (servizos de atención e/ou dirixidos ás persoas maiores, como servizos sanitarios, coidados, turismo, tecnoloxía e transformación dixital, vivenda, lecer, igualdade, dependencia, actividades da vida diaria, etc.), que servirá, entre outras para contribuír á prospección de novas oportunidades de negocio neste sector, cuxos resultados se materializarán nun informe nos próximos meses.
Ler máis


 




I Congreso Galicia é ESS
Recoñecer a economía social e solidaria

Os días 24 e 25 de outubro celébrase o 1º Congreso de Economía Social e Solidaria en Galicia, impulsado por REAS Galicia e financiado pola Rede Eusumo. Este Congreso quere ser un espazo de encontro entre diferentes axentes, entidades, colectivos, movementos sociais e persoas vinculadas e con interese en coñecer, debater e reflexionar sobre a Economía Social e Solidaria na nosa comunidade.

“Recoñecer a Economía Social e Solidaria” é o fío condutor desta edición, recoñecernos a nós mesmas para que outras nos recoñezan como axente clave de transformación. Para iso, queremos afondar na nosa identidade, fortalecer o noso sentido de pertenza e reforzar os nosos vínculos, divulgando o noso valor diferencial a través de proxectos referenciais de
novos sectores innovadores e específicos.
Ler máis


 



Webinar: O poder da IA xenerativa para a economía social

Cepes organiza un webinar o 24 de outubro sobre IA para a economía social. Este webinar está deseñado para empresas e entidades de Economía Social que queren explorar como a Intelixencia Artificial Xenerativa pode ser aplicada nos seus procesos. Será impartido por dúas relatoras da Universidade de Mondragón con ampla experiencia e coñecemento na materia. Ler máis


 


Axudas

Cooperativas socias: tomade nota das últimas axudas convocadas As asociadas podedes consultar as diversas referencias de axudas e acceder ás bases neste enlace: Axudas    (introduce a clave habitual, ou contacta e facilitámoscha).


 


 
Licitacións 
 
Sección para socias sobre licitacións en vigor ofertadas por administracións e organismos públicos. Acceso neste enlace (introduce a clave habitual, ou contacta con EspazoCoop para conseguila).


 
 

ESPAZOCOOP UNIÓN DE COOPERATIVAS GALEGAS
www.espazo.coop | info@espazo.coop 

A Coruña|Praza do Papagaio s/n (Accede Papagaio). 15002|+ 34 881 887 456
Santiago de Compostela|Hórreo 104. Baixo esquerda. 15701|+ 34 981 57 55 78
Vigo|Marqués de Valladares 14, 2º. Oficinas 4-5. 36201|+ 34 986 866 149

 

Facebook Twitter Linked in RED EUSUMO