EspazoCoop elabora un Plan Operativo de Implantación de ODS para o emprendemento na economía social
EspazoCoop no marco do Proxecto ES-Factory (Rede de aceleradoras da economía social para impulsar e consolidar as actividades nas novas economías emerxentes), elaborou un Plan Operativo de Implantación de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o Impulso do Emprendemento na Economía Social.
Con este Plan resáltase a importancia da implantación dos ODS nas entidades de Economía Social, moitas empresas seguen a considerar que a sostibilidade é unha obriga que deberán ir asumindo cos avances no desenvolvemento normativo ou unha serie de medidas que favorecen a mellora da imaxe que proxectan socialmente.
Saber máis

Roteiro Cooperativo da Coruña: unha maneira lúdica de coñecer o cooperativismo
Chega o Roteiro Cooperativo da Coruña, unha maneira lúdica de coñecer ás cooperativas do concello e descubrir o cooperativismo e a economía social.
Por segundo ano o Roteiro Cooperativo da Coruña, iniciativa promovida por EspazoCoop en colaboración co Concello de A Coruña, chega á cidade con tres datas os días 28, 29 e 30 de outubro de 2025. Trátase dunha ruta guiada por A Coruña para visitar e coñecer 3 cooperativas e achegarse ao cooperativismo e á economía social. Con esta iniciativa identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos emerxentes, exitosos, e viables, realizando tamén unha función divulgativa sobre o autoemprego colectivo.
Saber máis
EspazoCoop participa na I Feira de emprendemento e emprego da Universidade da Coruña
A Unión de Cooperativas Galega colabora e participa no evento organizado pola Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade co apoio da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, que contará con case 50 empresas e entidades participantes, co obxectivo de impulsar o emprego e o emprendemento do estudantado e persoas egresadas da Universidade da Coruña conectando o talento novo co tecido empresarial. A cita será o día 29 de outubro no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña, na Coruña, a partir das dez horas.
A presenza de EspazoCoop no espazo Emprende-T da Feira será de 14 a 18 h.
Saber máis

Formación para prescriptoras: Actores no emprendemento cooperativo
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco do Proxecto ES-FACTORY, Programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027, ofrece para o mes de novembro un curso destinado a persoas prescriptoras de emprego e emprendemento en Galicia: “Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo”. Cunha duración de 40 h. será impartido en modalidade de teleformación do 4 ao 30 de novembro de 2025, con tres sesións virtuais de aprendizaxe.
Os principios e valores nos que se basea o cooperativismo e a economía social, bríndannos unha alternativa positiva e contrastada para acadar unha mellor situación de acceso ao emprego.
Saber máis

Recta final para apoiar un proxecto cooperativo para un mundo máis xusto e sustentable
Desde a Fundación Coop57 impulsan a campaña que aposta por apoiar o lanzamento e constitución dun proxecto cooperativo liderado por tres mulleres racializadas, que finaliza o 31 de outubro.
CostureArte S. Coop. Galega é máis que unha cooperativa; é un proxecto de vida colectivo que naceu nas aulas do curso de Costura Creativa da Asociación Arraianas, que contou co apoio de EspazoCoop na definición dos estatutos cooperativos, coa de 50pés S. Coop. Galega (concertado coa Escuela de Emprendoras Juana Millán), e por descontado coa propia Coop57 GZ.
Saber máis

Taller informativo "Licitacións públicas para autónomas e pemes"
O Servizo de Emprego e Empresa do Concello da Coruña organiza unha actividade formativa de carácter gratuíto, dirixida especialmente a persoas empresarias, emprendedoras e interesadas en xeral, o obradoiro "Licitacións Públicas: oportunidade de negocio para autónomas e pequenas empresas".
Será o mércores 29 de outubro de 17 a 20 h., no Centro de Empresas Accede Papagaio da Coruña. A entidade encargada do obradoiro entregará ás participantes unha Guía Didáctica de licitacións públicas.
Saber máis e inscricións
